sábado, 2 de junio de 2012

Corpus 2012

Por sexto ano consecutivo, na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz), celebran o domingo 10 de xuño, a festa do Corpus Christi, ca realización duna alfombra floral.

Podes colaborar na realización desta alfombra, de algunha das seguintes formas:

  • Levando pétalos de flor (separando en bolsas, as distintas cores), á Igrexa de San Xulián de Figueiroá o sábado 9 de xuño, á ultima hora da tarde. Aconsellamos que se collan os pétalos esa mesma tarde, para que se conserven mellor.
  • Tamén é de gran utilidade o céspede. Os que o corten ese día agradecémoslle que nolo traian.
  • Acudindo a confeccionar as alfombras florais o domingo 10 de xuño dende primeira hora da mañá.

No hay comentarios:

Slider