lunes, 25 de marzo de 2013
1 comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: andaina, Paderne de Allariz
Etiquetas: andaina, Paderne de Allariz
A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.
O percorrido, na edición do 2013, constara de 24 quilómetros para a Andaina e de 17 quilómetros para a carreira.
Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do venres, 26 de abril de 2013, as 14:00 horas.
Como o ano pasado hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solbeira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).
Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.
Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.
![]() |
| Perfil Andaina Paderne de Allariz 2013 |
![]() | |
|
sábado, 23 de marzo de 2013
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: Festa, Figueiroá, Paderne de Allariz, pascua
Etiquetas: Festa, Figueiroá, Paderne de Allariz, pascua
O vindeiro domingo día 31 de marzo de 2013, celébranse na parroquia de Figueiroá, coma xa é tradicional, a festa de a Pascua.
Como anos anteriores, e a pesar de que faga sol ou chova, a partir das 12:30 realizarase a procesión co encontro dende a capela de Santa Bárbara ata a igrexa de San Xulián.
Ao remate da procesión e pola tarde haberá festa cunha orquestra.
Estades tod@s convidados.
Bo Nadal e feliz aninovo
Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo
Bon nadal i feliç any nou!
Zorionak eta Urte Berri On
Joyeux Noël et Bonne Année
Merry Christmas and Happy New Year
Cea popular das Asociacións de Paderne de Allariz, o 21 de Xullo de 2012 as 22:00 horas no campo da feira de Rioseco
jueves, 14 de junio de 2012
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: alfombras florais, Figueiroá
Etiquetas: alfombras florais, Figueiroá
Con motivo da festividade de Corpus Christi, o pasado domingo día 10 de xuño, os veciños de a Parroquia de San Xillao de Figueiroá (Paderne de Allariz) elaboraron unhas alfombras florais diante da igrexa parroquial e celebraron a tradicional procesión ata a capela de Santa Bárbara.
Parabéns a tódolos/as veciños/as por participar e manter con vida estas tradicións!!!
Parabéns a tódolos/as veciños/as por participar e manter con vida estas tradicións!!!
sábado, 2 de junio de 2012
0
comentarios
Enlaces a esta entrada
Etiquetas: Corpus, Figueiroá, Paderne de Allariz
Etiquetas: Corpus, Figueiroá, Paderne de Allariz
Por sexto ano consecutivo, na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz), celebran o domingo 10 de xuño, a festa do Corpus Christi, ca realización duna alfombra floral.
Podes colaborar na realización desta alfombra, de algunha das seguintes formas:
- Levando pétalos de flor (separando en bolsas, as distintas cores), á Igrexa de San Xulián de Figueiroá o sábado 9 de xuño, á ultima hora da tarde. Aconsellamos que se collan os pétalos esa mesma tarde, para que se conserven mellor.
- Tamén é de gran utilidade o céspede. Os que o corten ese día agradecémoslle que nolo traian.
- Acudindo a confeccionar as alfombras florais o domingo 10 de xuño dende primeira hora da mañá.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








