
Inicio / Fin: Rioseco.
Percorrido: 10 km.; Rioseco - A Torre- O Pazo - Caxamonde - Figueiroá - Neboeiro - Rioseco.
Duración estimada: 6 horas.
Dificultade: Media.
Recomendación: Ruta deseñada para facela a pe ou en bicicleta.
Descrición: Sáese de Rioseco pola estrada OU101, a altura do km 13, tomase o desvío da dereita cara a estrada OU102 (dirección Cantoña), na cal haberá que desviarse novamente a esquerda en dirección ao Campo de fútbol (OUCV680).
Continuamos a OUCV680 e ao chegar a altura do campo de fútbol bordeámolo deixándoo a dereita en dirección A Torre, aldea na que podemos ver a man dereita a torre da Condesa de Torremuguiz e fronte a ela o cárcere. O conxunto medieval, hoxe moi transformada completase cunha capela en honra da virxe da Asunción.

Continuamos por esta pista ata chegar novamente a OUCV680 que continuaremos desviándonos novamente a dereita, cara a aldea de O Pazo, ao final da cal temos un área recreativa ao carón do río Barbaña e que conta tamén con varios muíños.
Seguimos ascendendo cara Caxamonde, e atravesando a aldea e de fronte podemos ver a capela de Santa Bárbara, onde cada Semana Santa celebrase o encontro entre a Virxe o seu fillo sito na igrexa de San Xillao.
Continuamos pola OUCV680 e a dereita temos a antiga Escola, reformada e hoxe sede da Asociación de veciños, de fronte a igrexa de San Xillao, que bordearemos deixando a esquerda o acceso ao Castro Mourisco, onde os toxos protexen os tesouros dos mouros.

Dende Neboeiro seguiremos pola estrada local OU101 ata Vilaverde, alí colleremos una pista que nos leva á “Charca”, antiga canteira de pedra inundada (debido a súa profundidade non é recomendable para o baño)
Finalmente saímos cara esquerda pola OUCV63 cara Rioseco, que atravesaremos para chegar ao punto de partida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario