
Ten como Patrón a SAN XILLAO.
Como elementos de interese pódense destacar Varias capelas - Igrexas: En Rioseco: Dedicada a San Juan Bautista. Igrexa de A Torre. Esta Igrexa esta dedicada a Nosa Señora da Asunción. Caxamonde: Dedicada a Santa Barbara. Desta última sae o día de Pascua a Virxe para atoparse o Cristo na chaira da Parroquia Igrexa de San Xulián de Figueiroa. Curiosos detalles na súa entrada así como a inscrición na súa fachada, "ESTA ESICLA D REFVGIO I SACRO".
Lendas. Dise que no pobo de A Torre había un cárcere, hoxe convertida en domicilio particular, e aqueles presos que conseguían alcanzar a Igrexa quedaban libres. Estes privilexios foron concedidos pola Condesa de Torre-Múzquiz, que moraba nunha casa señorial, conservada na actualidade, situada a escasos 15 metros do citado cárcere. Na fachada da mencionada antiga casa señorial aínda podemos contemplar o Escudo de Armas da Condesa.
Como Chegar: [Ver mapa Google]Pódese chegar ao concello a través da estrada secundaria OU-101 que sae dende a cidade de Ourense en dirección a Maceda e que cruza o concello de Paderne de Allariz ou ir en tren, xa que pasa por aquí a liña férrea que une Ourense e Zamora.
Distancia coas principais cidades por estrada:
-A Coruña: 160 km.
-Ferrol: 173 km.
-Lugo: 102 km.-Ourense: 14 km.
-Pontevedra: 102 km.
-Santiago de Compostela: 112 km.
-Vigo: 104 km.
4 comentarios:
Si señor el pueblo se moderniza, pero hay que hablar y poner fotos de las veletas de un simpático personaje del pueblo, a ver si hacemos una atracción turística y de paso sacamos unas pelillas.
si e do toucedo seguide sen falar queremos a independencia
esa foto estabas borracho cando a tomaches
ah pero o toucedo existe?? eu pensei que era un suburbio de A Torre...
pero bueno se queres que poña unha foto envia e veremos se pasa a censura...
Publicar un comentario