martes, 23 de octubre de 2007

MAGOSTO 2007


O vindeiro día 11 de novembro celebrarase no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroa, unha nova edición do magosto popular. O longo do día todas aquela persoas que se teñan Inscrito poderan participar nunha comida popular e en diferentes xogos.

A ORIXE DA FESTA DO MAGOSTO
É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. De Ourense espallouse por toda Galicia, collendo novos matices, aínda que corre risco de perde-la súa orixinalidade e espontaneidade popular tradicional Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente para a queimada.

No hay comentarios:

Slider