viernes, 18 de enero de 2008

Entroido 2008

Xa está aquí de novo o Entroido!!!!!

Este ano, de novo o as Asociacións do concello, volven organizar o II Entroido do concello de Paderne de Allariz.


A data elixida vai ser o vindeiro día 2 de febreiro, e como o ano pasado celebrarase no pavillón polideportivo, aínda que hai algún rumor de que se non chove pode haber incluso un pequeno desfile.

Os veciños da Torre (polo menos algúns) están a preparar de novo a súa participación neste Entroido, xa que o ano pasado foi un rotundo éxito de participación, gañando o Premio a
Comparsa máis numerosa (fotos do Entroido 2007).

Este ano presentase algo máis complicado gañar, pero seguro que ganas non nos van faltar para intentalo.

Dende aquí animámosvos a participar e apuntarvos canto antes.

Por certo este ano ¿de que iran eses toliños de A Torre?

Vémonos o día 2 de Febreiro!!!!!!

No hay comentarios:

Slider