jueves, 17 de abril de 2008

Paderne entra no calendario atlético por todo o alto

Cento de camiñantes e atletas participaron na súa dobre cita, una andaina e una carreira popular.

Preto de 300 persoas lograba reunir na maña do domingo a “I Andaina Concello de Paderne de Allariz” e a “I Subida a Vilaverde”, todo elo a pesar de que as condicións climatolóxicas non foron as mellores, debido a choiva e ao frío da maña dominical.

A Andaina non tivo carácter competitivo, e os camiñantes (160) puideron disfrutar da paisaxe por un recorrido de 12 quilómetros.

Na Subida, si que houbo clasificación e recompensa para os primeiros clasificados, onde o vencedor seria Elpidio Gómez Sousa, que se impuña a Eduardo Morais, segundo , e a Víctor Conde, terceiro. Mentres que na categoría feminina primeira clasificada foi Elena Naveiro, por diante de Nicol Campo e Filomena Cid.

Os participantes, tanto da Andaina, como na Subida, non chegaron a realizar a distancia inicialmente programada, pasando dos 18 quilómetros a os 12 na proba de sendeirismo, e dos 11 aos oito na carreira. O mal tempo condicionou as probas.

Textos e fotos publicados polo diario La Región os días 14 e 15 de abril

3 comentarios:

Teclado e Mouse dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Teclado e Mouse, I hope you enjoy. The address is http://mouse-e-teclado.blogspot.com. A hug.

Anónimo dijo...

a verdade e que todo estibo moi ben organizado, noraboa

Akinol dijo...

See Please Here

Slider