jueves, 20 de agosto de 2009

Cea-festa A Torre 2009


Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, os pasados días 14 e 15 de agosto, celebrouse a cea e festa do pobo de A Torre.

Durante a tarde do día 14, tódolos veciños participaron na preparación da cea, que se celebraría pola noite.

Esta ano, acompañounos de novo o “gaiteiro”, iso si, con moi poucas ganas de tocar e moitas de comer, pero en fin, algunha vez ten que fallar...

Polo demais todo estibo bastante ben, os veciños mais vellos aproveitaron para lembrar vellas historias da súa etapa mais moza e conseguiuse con éxito o obxectivo que se plántea con este tipo de actividades, que polo menos unha vez no ano coincidamos todos/as os/as veciños/as nunha xuntanza cun espírito festivo.



Durante a maña do día 15, celebrouse a procesión dende a capela de Nosa Sra. da Asunción, para recorrer a distancia que separa a capela ata o lugar de O Toucedo e voltar de novo.

Como todo evento importante, existe un “book” de fotos da cea e da festa de A Torre 2009. Se alguén precisa o acceso e non lle chegou a súa conta de correo, que me escriba un mail a gonzteso@yahoo.es e mándolle o enlace para poder velo.

No hay comentarios:

Slider