viernes, 30 de octubre de 2009

Tempo de magosto...

O vindeiro día 15 de novembro (Domingo), e ante a imposibilidade de facelo antes, por mor de que o local xa estaba reservado, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.

O lugar de encontro será na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa a partir das 11:30 horas.

Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11 (Imprescindible inscrición previa para poder participar). E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (Que este ano podemos estrear as porterías e canastras que nos cedeu tan “amablemente” a Deputación).

No hay comentarios:

Slider