miércoles, 14 de abril de 2010

III andaina e III carreira Santa da Pedra (Concello de Paderne de Allariz)

O Concello de Paderne de Allariz organiza a III andaina e III Carreira, que terá lugar este domingo día 18 de abril.
Inscripción gratuita e puntuable para circuitos de carreiras de “Correr en Galicia”. Con máis de 300 participantes... e 40 persoas na organización.

III Carreira-
16 km de percorrido a hora de saída as 11:00h, consta de 3 categorías – A,B,C, masculino e feminino. Haberá trofeos para o 1º Clasificado de cada categoría, masculino e feminino.
III Andaina – 20 km de percorrido, hora de saída as 10:00h. A maior parte do percorrido transcorrerá por camiños antigos e vereas, etc.
Tanto a saída como a meta estarán situadas ao carón da Praza do Concello, sita no punto kilométrico 13 da estrada OU -101 (Ourense-Maceda) no lugar de Rioseco.

A novidade de esta edición é que a andaina discorrerá por a “Santa da Pedra”, moi preto de Santa Mariña de Augas Santas, con unha paraxe natural, segundo a tradición, o penedo sobre o que se asenta con forma de oído na súa fronte sempre ten auga curadora. A lenda relaciona este lugar co asento de Sta. Mariña cando apacentaba o gando. Posiblemente se trate da cristanización dun lugar de culto céltico-druidico anterior. En 1790 o párroco de S. Vicente, D. Antonio Cid encargou a Santa da Pedra.

Ao remate do acto entregaránse os trofeos aos primeiros clasificados, asemade sorteanrase regalos entre todos os participantes e finalizando cun ágape para tódolos participantes.

Fonte: Facebook Paderne de Allariz

1 comentario:

XABIER dijo...

Os corredores non subimos ate Santa Mariña de Augas Santas verdade? unha mágoa, ahí podería lanzar un ataque forte,jeje
O tema das categorías a-b-c que idades agrupa???

Slider