miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido A Torre 2011


Xa rematou o Entroido 2011…

Despois de máis de un mes de preparativos e desfiles chagamos ao final do Entroido 2011.

Desde a primeira xuntanza celebrada o pasado 5 de febreiro, onde se tomou a decisión de que iamos ir disfrazados e o papel que levaría cada un dos participantes, ata os seguintes catro sábados onde nos fomos xuntando para elaborar a carroza e de paso, como di alguén “facer unhas boas sobremesas”, todo foron ratos de risas e de moito traballo.

A pesar das presas do último día, da falta de traxe dun dos papeis principais, do cose por aquí e coloca por alí, chegamos a tempo de estar a hora no desfile do V Entroido de Paderne de Allariz que se celebrou o sábado día 5 de marzo a partir das 18:00 horas na praza do Concello.

Neste Entroido, como en anos anteriores, ARRASAMOS!!!:
  • Mellor comparsa.
  • Segunda comparsa máis numerosa
  • Premios infantís
E despois a bailar!!!

O domingo 6 de marzo, presentámonos por primeira vez ao desfile de comparsas que se celebrou no Concello de Esgos. Camiño de Esgos, os galos que iamos para alí íamos co maior temor que pode ter un habitante da nosa aldea: Que o ceo se nos caera enriba.
E así sucedeu,por partida dobre, unha por que no camiño un dos altofalantes caeu no teito da carroza e outra porque ao remate empezou a chover e facer un frío de raios.

Esgos é diferente… nunca mellor dito, os que non somos de alí non temos nada que facer… e explícome, a pesar de ser unha das comparsas máis numerosas, de ser a única que levaba animación musical, de ser a única que participou cunha carroza no desfile, de que a nosa música era a única que soaba en toda a praza… so tivemos o premio da
  • 3ª mellor comparsa.
E por fin chegou o martes de Entroido e a Maceda nos fomos… Aquí polo menos si que había ambiente de Entroido e con moita xente na rúa. Outra vez con moita presa chagamos as 17 horas para participar no desfile, a tarde prometía en canto o tempo e non defraudou co resultado acadado. Ao final en Maceda tivemos o premio a
  • 2ª mellor comparsa
É o máximo premio que se pode obter, xa que habitualmente o primeiro premio está asignado a algunha comparsa de Maceda, así e todo puxémosllo moi difícil, xa que na primeira votación do xurado quedamos igualados a votos ca comparsa gañadora. Dicir que “Os Botas” de Siabal acadaron o primeiro premio ao grupo de máis de cinco compoñentes.

Debido aos premios obtidos este ano, sobre todo no Concello de Paderne, no que non chegamos a entender moi ben por que se retiraron os premios económicos si se pretende fomentar a participación das comparas no desfile, nos vindeiros días organizaremos un cocido para tódolos participantes da comparsa, xa que nos xuntamos case cun porco enteiro: dúas cachuchas, tres lacóns, e dous quilos de chourizos.

O ano que ven prometemos seguir dando guerra no Entroido!!!!


No hay comentarios:

Slider