domingo, 20 de marzo de 2011

A superlúa de Paderne


Trátase dun fenómeno inusual que entusiasmou aos astrónomos e aos afeccionados á observación da bóveda celeste en todo o mundo. A superlúa, que se produce cando coinciden a lúa chea e o momento de maior proximidade do satélite á Terra, provocou nalgunhas zonas da costa galega as maiores mareas que se recordan en dezaoito anos, que chegaron a deixar varadas sobre a area a moitas embarcacións amarradas.

Os cambios cíclicos no nivel do mar prodúcense como consecuencia da atracción gravitatoria que exercen a Lúa e o Sol sobre a Terra, e as mareas máis vivas ocasiónanse cando os tres astros están aliñados. Iso sucede en lúa chea, que se produce cando a Terra está entre o seu satélite e a estrela, aínda que é moi raro que ese fenómeno coincida co perixeo, o momento de maior proximidade lunar e, polo tanto, o de maior atracción. De feito, a última superlúa foi en 1993, e non haberá outra ata o 2016
[La Voz de Galicia].

A foto amosa a lúa que se podía ver onte a noite no ceo de Ourense, a través dunha ollada dende a nosa fiestra.

No hay comentarios:

Slider