miércoles, 22 de febrero de 2012

A Torre canibal

Un ano mais, e xa van uns poucos…, a gran maioría dos veciños da A Torre participaron na preparación da comparsa para poder desfilar no Entroido que organiza o Concello de Paderne de Allariz.

Este ano, por circunstancias diversas (a crise económica, a falta de tempo ou a ausencia de varias persoas…), decidiuse non preparar unha carroza, e facer simplemente o disfrace e os seus complementos.



Como era previsible, non houbo moita opción a ter premio, no Concello de Paderne, excepto os infantís, así que este ano se queremos facer a festa do cocino, hai que comprar tamén a cachucha e os lacóns, je je.

O que si pasou é que cando non che recoñecen o traballo na casa, tes que ir fora para que lle den o valor que se corresponde, e así desta forma, este ano levamos o 1º Premio a comparsa de maís de cinco compoñentes no entroido do Concello de Maceda.

Aínda que a iniciativa de organizar este tipo de actividades, xurdiu como unha forma de estar en contacto e pasalo ben entre todos los veciños, ano tras ano vamos perdendo participantes por diversos motivos, unha pena…

Agardamos polo menos que o ano que ven se sume un novo pequenecho a desfilar e a pasalo ben.

Para poder ver as fotos pincha no seguinte enlace: Fotos Entroido

Pd. O vídeo non ten son, xa que ahora os amigos de youtube cobran dereitos por utilizar as cancións... 

4 comentarios:

Lucas dijo...

MOi grandes estes da Torre jeje.

Nere dijo...

ENORMES!!!! genial pueblo!!! ;) si seÑOR!!! vemonos pro cocidiño!!!

Andainas por Galicia dijo...

o ano que ven prometemos dar máis guerra, e con novos reforzos...

Jorge dijo...

Primo, parece mentira que non sepas que en Internet hay cancións e músicas que non teñen copyright que se poden utilizar no youtube.

Slider