martes, 27 de mayo de 2008

Ímonos de andaina!!

O vindeiro sábado día 31 de maio celebrase en Allariz a XI Andaina Popular.

Visto o bo ambiente que nos atopamos na andaina de Paderne, animémonos a participar tamén nesta andaina que xa ten unha longa historia.

A Andaina popular de Allariz celebrouse por primeira vez no ano 1998, dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando hoxe en día un tope de 1000 persoas inscritas e con moitos persoas sen praza.

A Andaina de Allariz “50 quilómetros en 12 horas“ é unha iniciativa ca que se pretende familiarizar ós participantes neste tipo de proba longa, a máis de potenciar e dinamizar este fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores.

Vémonos o vindeiro sábado, e a ver cantos quilómetro damos feito, porque 50 creo que se nos van facer un pouco longos....

No hay comentarios:

Slider