lunes, 2 de junio de 2008

Andaina de Allariz 2008

O pasado día 31 de maio as 8:30 da maña, atopámonos en Allariz para participar na XI Andaina Popular desta vila. Aínda que o tempo da semana anterior non acompañou, o día estibo xenial para andar polos montes desta vila.

As 9:15 partimos da alameda ca idea de probar isto das andainas, a ver que tal nos ía. Os primeiros quilómetros todo comezou moi ben marchamos ao logo do río Arnoia e todo parecía bastante doado, pero non foi así, de repente o terreo empezou a picar cara arriba ata chegar a Pumares, costas con forte pendente que fixeron que a xente se fora quedando pouco a pouco. A partires de Penamá produciuse un descenso caixe continua ata chegar de novo a vila de Allariz. esta primeira etapa de 16 quilómetros foi bastante dura, non so polas fortes pendentes, senón tamén polo estado no que se atopaban os camiños, cheos de lama.
Vídeo Andaina Allariz
Unha vez repostas as forzas comezamos a segunda etapa, a mais grande de 22 quilómetros e que se nos fixo bastante longa. Entre o cansanzo da primeira e as horas acumuladas de camiño, fixeron que aínda que no perfil da etapa parecia mais sinxelo que o da primeira, as costas parecían que non tiñan remate (¿quen foi o que puxo esa subida a Turzás...?) Menos mal que o pincho de empanada valía a pena... Unha vez pasada a Santa Mariña, aínda que o terreo era costa abaixo, os quilómetros non daban pasado... Pero ao final conseguimos chegar de novo a Alameda, iso si de aquela maneira...

Este ano o obxectivo das dúas etapas logrouse. O ano que ven esperemos entrenar mais para conseguir ir polos 50 km.

A semana que ven toca Esgos. Pero esta seguro que a rematamos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola veciño:

Me alegro de tu iniciativa de crear un blog sobre Paderne. También de que te guste caminar y ayudes, a los que no somos de aquí, a conocer mejor el concello.

Gracias.
Unha aperta.
José (Figueiredo)

Anónimo dijo...

ESPERO QUE POUCO A POUCO A COUSA MEDRE E CADA VEZ TEÑAS MAIS COUSAS QUE CONTAR SOBRE O NOSO POBO.

GUSTOUME MOITO TODO O QUE APARECE NESTE BLOG.

AGARDO PODER ENVIARCHE ALGUN QUE OUTRO COMENTARIO...

SAUDOS

PPA

XISCA! dijo...

Grazas polo voso apoio...

ultmamente pegounos a tolea das andainas, pero espero non esquecerme de por mais cousas sobre o noso concello.

Agracese a vosa participación...

Saúdos a todos/as

gonzteso

Slider