martes, 26 de agosto de 2008

FESTA EN "A TORRE 2008"


Ola a todas e a todos!!

Xa estamos de volta despois deste ultimo mes sen poder escribir nada no blog de A Torre, lembrádevos, ese pequeno pobo perdido de Ourense.

Hoxe volvemos para contar a pequena festa-xuntanza-cena que se celebro o pasado 15 e 16 de agosto no pobo.

Como é habitual, o pasado día 15, celebrouse a procesión dende a capela de Nosa Sra. da Asunción, para recorrer a distancia que separa a capela ata o lugar de O Toucedo e voltar de novo.

O día seguinte, e aproveitando o incremento significativo de poboación que sufre o noso pobo (principalmente polo período vacacional das persoa que están a residir habitualmente no País Vasco) celebráronse unha serie de actividades para os nenos/as e concluíuse a xornada de xuntanza cunha cena-baile, na que participaron caixe todas as persoas do pobo.

Este ano a cousa estibo moi animada, non so pola participación do gaiteiro, se non porque ca axuda da pandeireta do "Rubio", a xente animouse a bailar e estar de troula ata ben entrada a noite.

Esperemos que estas cousas se sigan mantendo, e que para o ano que ven vaia a mais.


Ver fotos


No hay comentarios:

Slider