Despois de ba

Dito e feito, comezamos ca subida pola Santa Mariña, encontrando os primeiros grupos da "andaina do botellón" onde a maior parte de eles xa non se tiña de pé.
A verdade, que despois de todo o que chovera nas últimas horas, o ceo abrira por completo e quedou completamente descuberto, cendo as diferentes constelacións que formaban as estrelas.
Todo ía moi ben, fixemos un pequeno descanso ao chegar a Saá e compartimos impresións con outros grupos que ían facendo tamén o camiño.
Sen embargo cando collemos o desvío cara Almoite, comezou a chover, e o malo e que neste traxecto, non tiñamos onde poder acollernos, xa que non hai unha maldita cas en 5 quilómetros...
Menos mal que ao cruzar o río Arnoia e Baños de Molgas puídemos tomar un café ben quentiño.
Con todo isto xa nos atopamos nos últimos tres quilómetros, onde vas descontando os diferentes cruceiros que te atopas na cuneta, para saber que o obxectivo se atopa cada vez mais preto.
As 7:10 estabamos xa sentados na igrexa, agardando polo comezo da misa dedicada aos xoves que fan o camiño ata o Santuario (aínda que algún mais ben o desfan: tiran as sinais, os contenedores, botellas por todas as paradas de bus...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario