lunes, 27 de octubre de 2008

Magosto 2008

Volvemos outra vez de festa!!!

O vindeiro día 15 de novembro, se todo vai ben e non temos sorpresas de ultima hora, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.

O lugar de encontro sera na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa.

A ver se esta vez o podemos facer no interior do edificio, e non como o ano pasado, que nos atopamos uns "okupas" que nos forzaron a celebralo no recinto exterior. Menos mal que o tempo acompañou.

Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11. E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (a ver cantos aguantan ata o final da xornada...)

Vémonos o día 15... e a pasalo ben

No hay comentarios:

Slider