viernes, 10 de octubre de 2008

Un ano na rede


Por fin... xa podemos celebrar o noso primeiro ano !!!!

Si, xa hai un ano que comezamos a aventura de dar a coñecer o noso pobo a través da internet, e a pesar de que isto parecía que non ía servir de moito, é de agradecer as visitas que chegan ao blog de A Torre de diferentes puntos.

Desta forma e facendo un resume dos datos deste ano, podemos dicir que chegamos as 2.100 visitas. Visitas que nos chegan principalmente de Galiza, o País Vasco e Suíza (alguén do estranxeiro tamén nos visita).

Neste próximo ano seguiremos dando a coñecer máis cousas do noso pobo e invitándovos a participar en novas actividades e xuntanzas.

Saúdos ...

1 comentario:

Unknown dijo...

Noraboa, tedes un blog estupendo feliz cumpreanos :) Nos seguiremos sendo fieis seguidores vosos.
Bicos.
Merce.

Slider