domingo, 22 de febrero de 2009

E o gañador é…

A Torre do Terror!!!!, Si donas e cabaleiros, os veciños de A Torre volveron a gañar por terceiro ano consecutivo o primeiro premio a mellor comparsa do Entroido do Concello de Paderne de Allariz.

Este ano tivemos moita mais competencia, xa que había anotados preto de corenta grupos para participar no desfile, pero ao final, volvemos a gañar.

A clasificación na categoría de comparsas foi a seguinte:
1. A Torre do Terror
2. Os paios
3. Simpsons

Este ano, faltou pouco para que non bateramos a record de participación, levabamos unha comparsa con 30 participantes, incluído ao capitán gorila e ao pequerrecho exorcista…

Todo un éxito. Realmente por parte da organización todo saíu moi ben, e foi un acerto facer o desfile na praza do concello.

Por certo, os veciños de Figueiredo, este ano non nos copiaron o traxe, je je… Pero dámoslle a noraboa porque gañaron o premio a comparsa mais numerosa.

Esquecíaseme, hai un album na internet con todas as fotos do Entroido de 2009. Se alguén precisa o acceso e non lle chegou a súa conta de correo, que me escriba un mail a gonzteso@yahoo.es e mándolle o acceso.

No hay comentarios:

Slider