sábado, 7 de febrero de 2009

Entroido 2009


Xa temos data!!!

Un ano mais, e xa van tres seguidos..., as asociacións e mais o Concello de Paderne, organizan a festa do Entroido.

Esta festa-desfile terá lugar na recentemente inaugurada e “flamante” praza do concello, se o tempo o permite, o vindeiro sábado día 21 as 17 horas.

En caso de que faga mal tempo, trasladarase a celebración, coma en anos anteriores ao pavillón de deportes.

Ademais este ano, tamén se organiza un taller de máscaras e deseño de decorados, que se levaran a cabo os dous sábados anteriores ao día “grande” do Entroido.

Os veciños da Torre andamos buscando “aliados” para poder participar un ano mais cunha carroza. Este domingo comezamos a conta atrás para preparar todo e volver a loitar por algún dos premios que se dan.

Xa veremos o que podemos conseguir... Por certo ¿de que iremos disfrazados?

No hay comentarios:

Slider