domingo, 19 de abril de 2009

Cento de persoas participan na II Andaina e Subida de Paderne de Allariz

A pesar da choiva de toda a semana, na maña do domingo xuntáronse preto de 300 persoas para participar na “II Andaina Concello de Paderne de Allariz” e a “II Subida a Vilaverde”.

O traxecto de 20 quilómetros para andaina en 16 para a carreira popular, estaba bastante embarrado, de todas formas o sol da maña fixo que o día fora moi bo para a realización de este tipo de probas.


A dureza dos primeiros seis quilómetros, ca subida ao Monte Ceibo, fixo que o grupo de andaris, pronto se fora rompendo. Unha vez superada esta subida, o terreo foi moi favorable, con moi boas vistas, aínda que en zonas bastante deslízante pola lama que había no camiño.


O remate da proba o Concello de Paderne agasallou a todos os participantes cuns petiscos.


Ver fotos da II Andaina Concello de Paderne (2009)

No hay comentarios:

Slider