lunes, 8 de junio de 2009

O Paderne a final da Copa "B" da Deputación

O equipo da S.C.D. Paderne disputara a final da copa Deputación de Ourense da tempada 2008/2009.

Despois de deixar no camiño ao equipo da Piñeira Seca cun resultado contundente de 3-0 no campo de Vista Hermosa, e co resultado xa conseguido a semana pasada en Xinzo, todo quedou sentenciado nos primeiros 10 minutos de partido, xa que o marcador xa reflexaba un 2-0 a favor.

Unha vez superado ao Piñeira Seca, o Paderne enfrontarase na final da copa B ao Arnoia que deixou apeado na outra semifinal ao Arenteiro B.

Agora so queda un partido para pechar unha moi boa tempada, quedando de segundos no grupo 9º da Segunda Autonomía e conseguindo o ascenso a primeira.


No hay comentarios:

Slider