Entrada actualizada
Xa o podemos adiantar, o próximo domingo día 18 de abril, celebrarase a III Andaina do Concello de Paderne de Allariz.
De momento aínda non temos as datas da inscrición, pero o que si os podo adiantar e que vai haber cambio no percorrido con respecto os anos anteriores, e polo que se pode ver no mapa do percorrido, a andaina e a carreira van pasar polo noso pobo: A TORRE.
Este ano o que si se mantén e a dobre proba, por un lado a Andaina e por outro a Carreira, ámbalas dúas cun percorrido de aproximadamente 20 quilómetros.
No momento que saiba a forma de inscrición e prazo, publicarémolo no blog.
Hai que animarse e participar, temos que romper tódolos records de participación!!
Foto: Paderne e a súa xente
9 comentarios:
Boas, non deixedes de face-la carreira por favor!!!
se todo vai ben, termos carreira tamén, ca mesma distancia que a andaina
contade ca promoción da proba no meu blog, unha aperta
boas,poruqe non solicitades a inslusión da carreira coma proba puntuable pra o circuíto de :
http://circuito.correrengalicia.es/2009-10/
viria fenomenal pra fomentar a participación dos nosos posto que moitos ourensáns están a pensar en acudir ese mesmo día a unha media de montaña na coruña que si puntuará
xabier, grazas pola información, voullo comunicar a organización para que oteña en conta
Hola Xisca, chamei ó Concello para tramitar a inclusión da carreira no Circuito de Correr en Galicia pero non estaba unha persoa da organización. ¿Con quen podo falar? so faría falta o visto bo do Concello porque en CenG todo está ben. Tamén precisaría o regulamento.
GRACIAS!
Outra cousa... son 16 ou 20 os kms para a carreira?
Pipe a distancia da carreira ao final e de 16 km, con saida as 11 h do día 18
Entrada actualizada:http://atorre-padernedeallariz.blogspot.com/2010/03/iii-andaina-concello-de-paderne-de.html
Publicar un comentario