lunes, 14 de junio de 2010

Figueiroá: Alfombras florais Corpus 2010

Con motivo da festividade de Corpus Christi, e por quinto ano consecutivo, o pasado domingo día 6 de xuño, os veciños de a Parroquia de San Xillao de Figueiroá (Paderne de Allariz) elaboraron unhas alfombras florais diante da igrexa parroquial e celebraron a tradicional procesión ata a capela de Santa Bárbara.

Este ano contouse ca colaboración do Concello de Paderne de Allariz e o acompañamento da Banda de Gaitas do Concello.

Felicitar de novo a iniciativa e traballo de Alberto Outeiriño, encargándose da organización e elaboración destas alfombras.

Ver fotos (Tomadas por Alberto Outeiriño)

No hay comentarios:

Slider