viernes, 23 de julio de 2010

Ímonos de camiño…

Con motivo da celebración do ano santo, estamos a organizar realizar unha peregrinación a pé cara Santiago de Compostela.

Nestes momentos propomos dúas alternativas de viaxe.

A primeira, seria realizar o camiño pola Vía da Prata, saíndo desde Paderne. Esta primeira opción faríanse en catro etapas continuas. Neste caso as etapas serian as seguintes: Paderne - Cea (37 quilómetros), Cea - Bendoiro (34 quilómetros), Bendoiro - Vedra (34 quilómetros) e Vedra - Santiago (17 quilómetros).

A segunda opción que se esta propoñendo, sería facer o camiño francés dende Sarria ata Santiago. Neste caso o camiño fariase en cico etapas, ven os sábado ou domingos:

Sarria - Portomarín
Portomarín - Palas de Rei
Palas de Rei - Arzúa
Arzúa - Arca
Arca - Santiago

Para esta segunda opción, a empresa de autobuses Anpian, ten organizado un servizo de transporte ata o lugar de saída e de recollida ao final de cada etapa. Neste caso os días para realizar a peregrinación serian os seguintes: 12, 19 e 26 de setembro e 3 e 17 de outubro, todos eles en domingo. A data limite para a inscrición é o 3 de setembro.

Se alguén está interesado en facer algunha das dúas alternativas, que se poña en contacto a través do seguinte mail: gonzteso@yahoo.es.

No hay comentarios:

Slider