lunes, 17 de octubre de 2011

Paderne de Allariz: lume e fume


Paderne de Allariz non se libra do “atentado ecolóxico” que sufriu toda a provincia de Ourense, durante este último fin de semana. Isto é o que conta os medios de comunicación sobre o sucedido:

Incendio en Paderne de Allariz. Foto publicada no xornal "La Región"
Sábado 15 de Outubro: En Paderne de Allariz permanece activo un incendio iniciado ás 18.30 horas do venres, que queimou máis de 20 hectáreas. 
Catro novos incendios forestais cuxa afección supera as 20 hectáreas atópanse activos nesta xornada do sábado en Galicia. Localizados nas localidades ourensás de Paderne de Allariz e Esgos, en Monterroso (Lugo) e na parroquia de Campañó (Pontevedra), afectan en total a máis de 110 hectáreas. 
En Paderne de Allariz, na parroquia de Cantoña, as chamas declaráronse ás 16.30 horas do venres e, segundo as primeiras estimacións provisionais, a súa afección sitúase ao redor das 20 hectáreas. No operativo de extinción traballan un axente forestal, unha brigada, un Grumir, tres motobombas, un avión e un dispositivo da Unidade de Urxencia Militar (UME). 
Domingo 16 de Outubro: A cidade de Ourense viviu onte unha segunda xornada de aire irrespirable, pola acumulación de fume dos incendios de Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Maceda e A Peroxa. 
Diario El País (17/10/2011): A provincia de Ourense é lume e fume. Desde o venres pasado non hai máis vista que as chamas e a néboa chuspindo cinza. Onte sucedéronse incendios sobre as mesmas zonas protexidas que os días pasados: o Macizo Central e o Parque Natural do Xurés, que ten xa unha fronte de varios quilómetros de chamas. Pero, ademais, o lume cebouse coas Veigas de Ponteliñares, en Rairiz de Veiga, zona incluída en Rede Natura e ZEPA (de especial protección para as aves), coa leira do albergue ambiental de Vilar de Barrio e cos montes de Cabeza de Meda e a Serra de San Mamede. O rosario incendiario estendeuse por case toda a provincia. Houbo lumes en Castrelo de Miño, Avión, Melón, O Carballiño, San Cristobo de Cea, Paderne de Allariz (con máis de 200 hectáreas queimadas), Pereiro de Aguiar (arderon 30 hectáreas de arboledo), Quins, Maceda, Baños de Molgas, Montederramo, Laza, Riós, Gomesende, Viana do Bolo, O Bolo e A Peroxa. Neste municipio foi necesario evacuar varios pobos. 
Coa metade das brigadas da Xunta despedidas no arranque de setembro e boa parte do parque móbil contraincendios descansando nun solar, sen persoal que o manexe, o Exército despregou a 367 soldados na provincia. 


No hay comentarios:

Slider