domingo, 20 de marzo de 2011

Completase a reforma da OU-101

Paderne de Allariz e Maceda están xa máis preto de Ourense, tras completarse reforma da estrada OU-101, no tramo que quedaba pendente (dende o Parque Tecnolóxico). O presidente da Xunta inaugurou a obra o pasado venres día 18.

No treito de 15 quilómetros que conecta Maceda co acceso ao Parque Tecnolóxico, e que foran aprobadas polo anterior goberno bipartito PSOE-BNG,a Xunta investiu máis de 10 millóns de euros.

O presidente da Xunta sinalou que esta actuación lle devolve a esta estrada a súa condición de “verdadeiro eixe vertebrador de Paderne e de conexión máis eficiente entre Maceda e a capital provincial”, o que suporá mellorar a calidade de vida dos 15.000 habitantes dos concellos da comarca.
Así mesmo, o alcalde de Paderne, José Manuel Fernández, destacou a importancia da estrada para o desenvolvemento da zona, xa que ofrece novas posibilidades para vivir e traballar'.

A reforma consistiu na mellora do trazado, redución de curvas, ensanche da calzada, construción de carrís para vehículos lentos e dotación de beirarrúas, para mellorar a seguridade de condutores e peóns.

1 comentario:

Spica dijo...

...lo que le faltaba a Ourense para estar más guapa...saludos...

Slider