miércoles, 11 de junio de 2008

II Andaina Popular de Esgos 2008

Caixe quedamos no intento....!!
Pero ao final conseguimos rematar os 24 quilómetros da andaina de Esgos.
O día prometía, e na liña de saída os comentarios
xiraban en torno se ía facer moita calor ou non durante o percorrido e sobre as dificultades do terreo. Había opinións para todos os gustos...

As 9:40 partimos da praza da Souteira para ir
subindo cara o mosteiro de San Pedro de Rocas, esta primeira parte do percorrido é a que mais me gustou, todo estaba moi limpo e moi ben sinalizado, e ademais o tempo acompañaba. Sen embargo todo cambiou de forma radical cando empezamos a subir cara o Eirado (Punto de remate ca carreira de montaña e situada no quilómetro 13) xa que ademais de atoparnos con desniveis que parecían o "Mortirolo" empezou a chover tal cantidade de auga e soprar un forte vento que parecía que se estaba acabando o mundo... A isto temos que engadir a néboa e o frío que realmente fixeron que chegar ata ese punto se fixera moi complicado.

Unha vez superadas todos estes problemas comezou o descenso por un cortalumes (bastante perigoso e con un gran desnivel) para facer o resto da andaina, na que apareceu o sol e fixo que aparecesen as primeiras queimaduras da tempada.
Menos mal que ao final conseguimos chegar de novo ao punto de partida e comer uns anacos de empanada e bica...

O próximo domingo seguimos de xira!!! e imos a facer a de Ourense. O bo que ten esta e que se acabamos baldados temos as termas ao lado....

Vémonos...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

foi bastante complicada, e no diario "La Región" puña que remataran mais de 400 persoas... Esto non o cre nadie, a maior parta da xente quedouse arriba e non fixo a baixada...

Anónimo dijo...

Ainda non hai moitas fotos desta andaina colgadas na internet pero, das poucas que vin, pregúntome por qué ese interese por mostrar só as partes mais "bonitas". Eu estiven alí e, se esto e organizar un percorrido para unha andaina, que baixe Deus e o vexa!

Anónimo dijo...

Imos por partes,
máis de 500 persoas, entre carreira e andaina, comezaron o recorrido, que remataran ou non, é outra cousa.

Das fotos direiche que eu xa vin algunhas en internet da neboa e do mal tempo que fixo. ¿Non pensaches que ó millor non hai fotos da choiva porque se estropean as cámaras? ¿ou que son todas bonitas porque o sitio é bonito?

Se estivera un bo día e non te mollaras seguro que opinabas doutra maneira, pero por desgracia o tempo non se pode "organizar".

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Buscando na internet "ponte Louco", apareceume esta páxina, e polo tanto recoméndovos o noso blog
pontelouco.blogspot.com e recórdovos que este sábado (2 de agosto) é o festival

1o:00 Feira de artesanía (que ademais coincide coa feira)
17:00 Xogos para nenos (organizado por Iria)
18:00 Titeres: Seis dedos coa obra varietés
19:oo Malabares
19:45 Monólogo. Canier


21: 15 Pasarrúas. Airiños & friends


23:00
Pregón pola fantasma do castelo, e foguetes
TANGHANA´S SHOW
CUCHUFELLOS
TUNA RASTAFARI


Ademais recordade que existe unha zona de acampada

E que ademais, segundo informa o INM, outra vez máis acompañaranos o tempo

Slider