Mostrando entradas con la etiqueta A Torre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Torre. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de febrero de 2012

A Torre canibal

Un ano mais, e xa van uns poucos…, a gran maioría dos veciños da A Torre participaron na preparación da comparsa para poder desfilar no Entroido que organiza o Concello de Paderne de Allariz.

Este ano, por circunstancias diversas (a crise económica, a falta de tempo ou a ausencia de varias persoas…), decidiuse non preparar unha carroza, e facer simplemente o disfrace e os seus complementos.



Como era previsible, non houbo moita opción a ter premio, no Concello de Paderne, excepto os infantís, así que este ano se queremos facer a festa do cocino, hai que comprar tamén a cachucha e os lacóns, je je.

O que si pasou é que cando non che recoñecen o traballo na casa, tes que ir fora para que lle den o valor que se corresponde, e así desta forma, este ano levamos o 1º Premio a comparsa de maís de cinco compoñentes no entroido do Concello de Maceda.

Aínda que a iniciativa de organizar este tipo de actividades, xurdiu como unha forma de estar en contacto e pasalo ben entre todos los veciños, ano tras ano vamos perdendo participantes por diversos motivos, unha pena…

Agardamos polo menos que o ano que ven se sume un novo pequenecho a desfilar e a pasalo ben.

Para poder ver as fotos pincha no seguinte enlace: Fotos Entroido

Pd. O vídeo non ten son, xa que ahora os amigos de youtube cobran dereitos por utilizar as cancións... 

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Bo Nadal


Bo Nadal e feliz aninovo
Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo
Bon nadal i feliç any nou!
Zorionak eta Urte Berri On
Joyeux Noël et Bonne Année
Merry Christmas and Happy New Year

viernes, 25 de noviembre de 2011

Magosto 2011


Magosto que se celebrou o pasado día 20 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroá e no que participou a maior parte da xente moza do pobo.

domingo, 25 de septiembre de 2011

Tempo de vendimia


Amence a primeira maña do outono e algo distinto se percibe no ambiente do pobo. Hoxe síntese un maior rebulir de persoas que rompen o silencio cotiá.

Comeza a sentirse o bulir duns e doutros, escoitase o primeiro ruído dos “carros”, que hoxe en día foron substituídos polos tractores, cestos para arriba e para abaixo, tesoiras e coitelos preparados, e como non as cubas e as tinas para botar a esmagar o viño xa se atopan a punto.

Comeza a saír o sol, e toda a xente se vai repartindo e “camuflándose” entre os regos das viñas.
¿Separamos o tinto? ¿So collemos o branco? ¿Vai todo xunto? A mesmas preguntas que veñen xa de antano, e que parece que so os “grandes capataces” son os axeitados para darlle resposta, marcan o inicio da recolleita.

A partir destes intres empeza o movemento de cestas cargadas de uvas recen cortadas, o traslado das mesmas a bodega, o ruxe ruxe da xente mentres traballa, que lle da vida unha vez máis a estas terras…
Máis tarde comeza o traballo na bodega, onde se pon en marcha o proceso de elaboración do viño, comezando co pisado das uvas, automatizado coma outros moitos procesos, cunha estruxadora  eléctrica, para pasalo posteriormente as tinas onde se realizará o fermentado do viño.

Hoxe foi un día para lembrar aquela xuntanzas de veciños que se facían hai uns anos, onde para calquera traballo de labranza se xuntaban trinta ou corenta persoas e arrimaban o ombreiro para axudarse uns a outros, onde se facían quendas para ver a quen lle tocaba coller as uvas, para non coincidir e poder axudar todos, onde tódolos traballos ían acompañados da súa parte de festa e alegría.

Hoxe na Torre vivimos a vendimia…

lunes, 5 de septiembre de 2011

Restauración do Forno

Estado das obras de restauración do Forno
O pasado día 16 de agosto comezou a restauración do Forno comunal de A Torre. Esta restauración levase a cabo polos operarios de o Concello de Paderne de Allariz, e prebe a recuperación deste local, despois de varios anos de deterioro, debido principalmente aos estragos sufridos na cuberta do mesmo por mor dunha tormenta.
Nas vindeiras datas veremos o resultado final deste traballo de reparación.

viernes, 18 de marzo de 2011

Festa do Cocido A Torre


O vindeiro domingo día 3 de Abril teremos xuntanza para poder dar boa conta dos premios acadados no pasado Entroido.
Desta forma e grazas aos fantásticos lotes de produtos gastronómicos, podemos por en marcha a Primeira Festa do Cocido de A Torre e así poder meterlle o dente a unhas cacheiras e a uns lacóns.

Quedades todos/as convidados/as !!!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Bo Nadal


Bo Nadal e feliz aninovo
Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo
Bon nadal i feliç any nou!
Zorionak eta Urte Berri On
Joyeux Noël et Bonne Année
Merry Christmas and Happy New Year

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Magosto 2010

Aquí vos deixo un vídeo coas fotos do magosto que celebramos tódolos veciños do pobo o pasado 20 de novembro.
Se algún ten problema para poder visualizalo, pode tamén premer no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/user/xiscaatorre

lunes, 6 de septiembre de 2010

Os Milagres 2010

Peregrinación que se realizou o pasado 4 de setembro dende A Torre (Paderne de Allariz) ao Santuario da Virxe dos Milagres, antigamente coñecida como a "Virxe do Medo", que está considerado como o foco máis importante de peregrinación mariana da provincia, e situado no Monte Medo, ao pé da Serra de San Mamede, na parroquia de Vide do concello de Baños de Molgas.

viernes, 30 de octubre de 2009

Tempo de magosto...

O vindeiro día 15 de novembro (Domingo), e ante a imposibilidade de facelo antes, por mor de que o local xa estaba reservado, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.

O lugar de encontro será na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa a partir das 11:30 horas.

Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11 (Imprescindible inscrición previa para poder participar). E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (Que este ano podemos estrear as porterías e canastras que nos cedeu tan “amablemente” a Deputación).

jueves, 20 de agosto de 2009

Cea-festa A Torre 2009


Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, os pasados días 14 e 15 de agosto, celebrouse a cea e festa do pobo de A Torre.

Durante a tarde do día 14, tódolos veciños participaron na preparación da cea, que se celebraría pola noite.

Esta ano, acompañounos de novo o “gaiteiro”, iso si, con moi poucas ganas de tocar e moitas de comer, pero en fin, algunha vez ten que fallar...

Polo demais todo estibo bastante ben, os veciños mais vellos aproveitaron para lembrar vellas historias da súa etapa mais moza e conseguiuse con éxito o obxectivo que se plántea con este tipo de actividades, que polo menos unha vez no ano coincidamos todos/as os/as veciños/as nunha xuntanza cun espírito festivo.



Durante a maña do día 15, celebrouse a procesión dende a capela de Nosa Sra. da Asunción, para recorrer a distancia que separa a capela ata o lugar de O Toucedo e voltar de novo.

Como todo evento importante, existe un “book” de fotos da cea e da festa de A Torre 2009. Se alguén precisa o acceso e non lle chegou a súa conta de correo, que me escriba un mail a gonzteso@yahoo.es e mándolle o enlace para poder velo.

sábado, 1 de agosto de 2009

Festa A Torre 2009


Como todos os anos, o vindeiro 15 de agosto celebrase a festa no pobo ca procesión dende a capela de Nosa Sra. da Asunción. Aproveitando a chegada de moitos dos veciños que regresan no seu período vacacional, o venres día 14 farase unha cea-xuntanza na que poden apuntarse todos/as aqueles quo o desexen antes do vindeiro 11 de agosto.

lunes, 27 de octubre de 2008

Magosto 2008

Volvemos outra vez de festa!!!

O vindeiro día 15 de novembro, se todo vai ben e non temos sorpresas de ultima hora, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.

O lugar de encontro sera na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa.

A ver se esta vez o podemos facer no interior do edificio, e non como o ano pasado, que nos atopamos uns "okupas" que nos forzaron a celebralo no recinto exterior. Menos mal que o tempo acompañou.

Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11. E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (a ver cantos aguantan ata o final da xornada...)

Vémonos o día 15... e a pasalo ben

martes, 26 de agosto de 2008

FESTA EN "A TORRE 2008"


Ola a todas e a todos!!

Xa estamos de volta despois deste ultimo mes sen poder escribir nada no blog de A Torre, lembrádevos, ese pequeno pobo perdido de Ourense.

Hoxe volvemos para contar a pequena festa-xuntanza-cena que se celebro o pasado 15 e 16 de agosto no pobo.

Como é habitual, o pasado día 15, celebrouse a procesión dende a capela de Nosa Sra. da Asunción, para recorrer a distancia que separa a capela ata o lugar de O Toucedo e voltar de novo.

O día seguinte, e aproveitando o incremento significativo de poboación que sufre o noso pobo (principalmente polo período vacacional das persoa que están a residir habitualmente no País Vasco) celebráronse unha serie de actividades para os nenos/as e concluíuse a xornada de xuntanza cunha cena-baile, na que participaron caixe todas as persoas do pobo.

Este ano a cousa estibo moi animada, non so pola participación do gaiteiro, se non porque ca axuda da pandeireta do "Rubio", a xente animouse a bailar e estar de troula ata ben entrada a noite.

Esperemos que estas cousas se sigan mantendo, e que para o ano que ven vaia a mais.


Ver fotos


viernes, 28 de septiembre de 2007

Algún dato sobre o noso Pobo




A localidade de A Torre forma parte da parroquia de Figueiroa dentro o concello de Paderne de Allariz (Ourense).


Esta parroquia esta composta polos seguintes núcleos de Poboación: Rioseco, Caxamonde, Cascarreira, Vilar, A Torre, O Pazo, Taboadela, Vilaverde, Neboeiro, O Paiseo, Lama.
Datos de Interese de Figueiroa:
Ten como Patrón a SAN XILLAO.
Como elementos de interese pódense destacar Varias capelas - Igrexas: En Rioseco: Dedicada a San Juan Bautista. Igrexa de A Torre. Esta Igrexa esta dedicada a Nosa Señora da Asunción. Caxamonde: Dedicada a Santa Barbara. Desta última sae o día de Pascua a Virxe para atoparse o Cristo na chaira da Parroquia Igrexa de San Xulián de Figueiroa. Curiosos detalles na súa entrada así como a inscrición na súa fachada, "ESTA ESICLA D REFVGIO I SACRO".


Lendas. Dise que no pobo de A Torre había un cárcere, hoxe convertida en domicilio particular, e aqueles presos que conseguían alcanzar a Igrexa quedaban libres. Estes privilexios foron concedidos pola Condesa de Torre-Múzquiz, que moraba nunha casa señorial, conservada na actualidade, situada a escasos 15 metros do citado cárcere. Na fachada da mencionada antiga casa señorial aínda podemos contemplar o Escudo de Armas da Condesa.


Como Chegar: [Ver mapa Google]
Pódese chegar ao concello a través da estrada secundaria OU-101 que sae dende a cidade de Ourense en dirección a Maceda e que cruza o concello de Paderne de Allariz ou ir en tren, xa que pasa por aquí a liña férrea que une Ourense e Zamora.
Distancia coas principais cidades por estrada:
-A Coruña: 160 km.
-Ferrol: 173 km.
-Lugo: 102 km.-Ourense: 14 km.
-Pontevedra: 102 km.
-Santiago de Compostela: 112 km.
-Vigo: 104 km.






Slider