Mostrando entradas con la etiqueta Figueiroá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Figueiroá. Mostrar todas las entradas
sábado, 23 de marzo de 2013
Festa da Pascua - Figueiroá 2013
O vindeiro domingo día 31 de marzo de 2013, celébranse na parroquia de Figueiroá, coma xa é tradicional, a festa de a Pascua.
Como anos anteriores, e a pesar de que faga sol ou chova, a partir das 12:30 realizarase a procesión co encontro dende a capela de Santa Bárbara ata a igrexa de San Xulián.
Ao remate da procesión e pola tarde haberá festa cunha orquestra.
Estades tod@s convidados.
jueves, 14 de junio de 2012
Alfombras florais Figueiroá 2012
Con motivo da festividade de Corpus Christi, o pasado domingo día 10 de xuño, os veciños de a Parroquia de San Xillao de Figueiroá (Paderne de Allariz) elaboraron unhas alfombras florais diante da igrexa parroquial e celebraron a tradicional procesión ata a capela de Santa Bárbara.
Parabéns a tódolos/as veciños/as por participar e manter con vida estas tradicións!!!
Parabéns a tódolos/as veciños/as por participar e manter con vida estas tradicións!!!
sábado, 2 de junio de 2012
Corpus 2012
Por sexto ano consecutivo, na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz), celebran o domingo 10 de xuño, a festa do Corpus Christi, ca realización duna alfombra floral.
Podes colaborar na realización desta alfombra, de algunha das seguintes formas:
- Levando pétalos de flor (separando en bolsas, as distintas cores), á Igrexa de San Xulián de Figueiroá o sábado 9 de xuño, á ultima hora da tarde. Aconsellamos que se collan os pétalos esa mesma tarde, para que se conserven mellor.
- Tamén é de gran utilidade o céspede. Os que o corten ese día agradecémoslle que nolo traian.
- Acudindo a confeccionar as alfombras florais o domingo 10 de xuño dende primeira hora da mañá.
martes, 3 de abril de 2012
miércoles, 29 de junio de 2011
Alfombras florais 2011

A festividade de Corpus Christi lévase a cabo o seguinte
xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois do Domingo de Resurrección; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte), aínda que onde non é precepto, se traslada ao domingo seguinte.
Con motivo desta celebración, o pasado domingo día 26 de xuño, os veciños de a Parroquia de San Xillao de Figueiroá (Paderne de Allariz) elaboraron unhas alfombras florais diante da igrexa parroquial e celebraron a tradicional procesión ata a capela de Santa Bárbara.
Ver fotos (Tomadas por Ana Tesouro)
viernes, 17 de junio de 2011
Figueiroá: Corpus 2011

Alfombras Florais Parroquia de Figueiroá: O próximo domingo 26 de xuño, a partir da primeira hora da maña, elaboraranse, por sexto ano consecutivo as alfombras florais na igrexa de San Xillao de Figueiroá.
Agradecese a colaboración de tódolos veciños, aportando material para a súa preparación e animase a que participen na súa confección o domingo a primeira hora da maña.
miércoles, 27 de abril de 2011
Figueiroá 2011
martes, 1 de febrero de 2011
Recuperación da capela de Santa Bárbara
A Consellería de Cultura investiu nesta obra máis de 50.000 euros.
As obras, que remataron en catro meses, consistiron na reconstrución do teito por dentro e por fóra e a limpeza e encintado da pedra da capela de Santa Bárbara, situada na parroquia de San Xillao de Figueiroá no Concello de Paderne de Allariz e ás que se destinaron dende máis de 50 mil euros.

«A idea desta recuperación é a de pór en valor ou patrimonio cultural, histórico e relixioso dá provincia non só como medio para contribuír a potenciar o turismo cultural senón pola necesidade de preservar este valioso legado para ás xeracións futuras», explicou o delegado da Xunta.
Este estivo acompañado na súa visita polo alcalde de Paderne, Xosé Manuel Fernández, e por varios veciños da parroquia onde se celebra cada 4 de decembro a romaría tradicional na que a capela de Santa Bárbara é a protagonista. Tamén se realizarón obras na igrexa de San Salvador de Mourisco de estilo barroco -onde se recuperaron varios retablos-, no conxunto de hórreos de Vilameá e no Peto dás Ánimas de Saá.

lunes, 14 de junio de 2010
Figueiroá: Alfombras florais Corpus 2010
Este ano contouse ca colaboración do Concello de Paderne de Allariz e o acompañamento da Banda de Gaitas do Concello.
Felicitar de novo a iniciativa e traballo de Alberto Outeiriño, encargándose da organización e elaboración destas alfombras.
Ver fotos (Tomadas por Alberto Outeiriño)
miércoles, 26 de mayo de 2010
Figueiroá: Corpus 2010
Alfombras Florais Parroquia de Figueiroá: Por quinto ano consecutivo realizarnse as alfombras florais na igrexa de San Xillao de Figuiroá, o domingo 6 de xuño de 2010, a partir de primeira hora da maña, para así telas rematado para as 12:00 horas. Contarase ca presenza da Banda de Gaitas do Concello de Paderne de Allariz.
ver fotos ano 2009

ver fotos ano 2009
viernes, 9 de abril de 2010
martes, 18 de agosto de 2009
Atardecer en Figueiroá
martes, 11 de agosto de 2009
Novo cruceiro de Figueiroá
martes, 23 de junio de 2009
Alfonfras florais Corpus 2009
Dende este blog, felicitar o traballo realizado e agradecer en especial a Alberto Outeiriño pola súa labor e por enviarnos as fotos de ese día.
Ver fotos (Tomadas por Alberto Outeiriño)
lunes, 17 de marzo de 2008
Figueiroá 2008
O vindeiro domingo día 23, celébranse na parroquia de Figueiroá, coma xa é tradicional, a festa de a Pascua.
Como anos anteriores, e a pesar de que faga sol ou chova, a partir das 12:30 realizarase a procesión co encontro dende a capela de Santa Bárbara ata a igrexa de San Xulián.
Ao remate da procesión e pola tarde haberá festa cunha orquestra.
Estades tod@s convidados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)