Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Paderne de Allariz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido Paderne de Allariz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de febrero de 2012

A Torre canibal

Un ano mais, e xa van uns poucos…, a gran maioría dos veciños da A Torre participaron na preparación da comparsa para poder desfilar no Entroido que organiza o Concello de Paderne de Allariz.

Este ano, por circunstancias diversas (a crise económica, a falta de tempo ou a ausencia de varias persoas…), decidiuse non preparar unha carroza, e facer simplemente o disfrace e os seus complementos.



Como era previsible, non houbo moita opción a ter premio, no Concello de Paderne, excepto os infantís, así que este ano se queremos facer a festa do cocino, hai que comprar tamén a cachucha e os lacóns, je je.

O que si pasou é que cando non che recoñecen o traballo na casa, tes que ir fora para que lle den o valor que se corresponde, e así desta forma, este ano levamos o 1º Premio a comparsa de maís de cinco compoñentes no entroido do Concello de Maceda.

Aínda que a iniciativa de organizar este tipo de actividades, xurdiu como unha forma de estar en contacto e pasalo ben entre todos los veciños, ano tras ano vamos perdendo participantes por diversos motivos, unha pena…

Agardamos polo menos que o ano que ven se sume un novo pequenecho a desfilar e a pasalo ben.

Para poder ver as fotos pincha no seguinte enlace: Fotos Entroido

Pd. O vídeo non ten son, xa que ahora os amigos de youtube cobran dereitos por utilizar as cancións... 

martes, 31 de enero de 2012

Entroido Paderne de Allariz 2012

O Concello de Paderne de Allariz organiza para o vindeiro sábado 18 de Febreiro de 2012 o desfile de carnaval. Celébrase como outros anos na plaza do Concello a a partir das 17 horas.

Como sempre, os veciños de A Torre estarán alí presentes, e a disfrutar!!!

miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido A Torre 2011


Xa rematou o Entroido 2011…

Despois de máis de un mes de preparativos e desfiles chagamos ao final do Entroido 2011.

Desde a primeira xuntanza celebrada o pasado 5 de febreiro, onde se tomou a decisión de que iamos ir disfrazados e o papel que levaría cada un dos participantes, ata os seguintes catro sábados onde nos fomos xuntando para elaborar a carroza e de paso, como di alguén “facer unhas boas sobremesas”, todo foron ratos de risas e de moito traballo.

A pesar das presas do último día, da falta de traxe dun dos papeis principais, do cose por aquí e coloca por alí, chegamos a tempo de estar a hora no desfile do V Entroido de Paderne de Allariz que se celebrou o sábado día 5 de marzo a partir das 18:00 horas na praza do Concello.

Neste Entroido, como en anos anteriores, ARRASAMOS!!!:
  • Mellor comparsa.
  • Segunda comparsa máis numerosa
  • Premios infantís
E despois a bailar!!!

O domingo 6 de marzo, presentámonos por primeira vez ao desfile de comparsas que se celebrou no Concello de Esgos. Camiño de Esgos, os galos que iamos para alí íamos co maior temor que pode ter un habitante da nosa aldea: Que o ceo se nos caera enriba.
E así sucedeu,por partida dobre, unha por que no camiño un dos altofalantes caeu no teito da carroza e outra porque ao remate empezou a chover e facer un frío de raios.

Esgos é diferente… nunca mellor dito, os que non somos de alí non temos nada que facer… e explícome, a pesar de ser unha das comparsas máis numerosas, de ser a única que levaba animación musical, de ser a única que participou cunha carroza no desfile, de que a nosa música era a única que soaba en toda a praza… so tivemos o premio da
  • 3ª mellor comparsa.
E por fin chegou o martes de Entroido e a Maceda nos fomos… Aquí polo menos si que había ambiente de Entroido e con moita xente na rúa. Outra vez con moita presa chagamos as 17 horas para participar no desfile, a tarde prometía en canto o tempo e non defraudou co resultado acadado. Ao final en Maceda tivemos o premio a
  • 2ª mellor comparsa
É o máximo premio que se pode obter, xa que habitualmente o primeiro premio está asignado a algunha comparsa de Maceda, así e todo puxémosllo moi difícil, xa que na primeira votación do xurado quedamos igualados a votos ca comparsa gañadora. Dicir que “Os Botas” de Siabal acadaron o primeiro premio ao grupo de máis de cinco compoñentes.

Debido aos premios obtidos este ano, sobre todo no Concello de Paderne, no que non chegamos a entender moi ben por que se retiraron os premios económicos si se pretende fomentar a participación das comparas no desfile, nos vindeiros días organizaremos un cocido para tódolos participantes da comparsa, xa que nos xuntamos case cun porco enteiro: dúas cachuchas, tres lacóns, e dous quilos de chourizos.

O ano que ven prometemos seguir dando guerra no Entroido!!!!


domingo, 6 de febrero de 2011

Astérix en Paderne


Estamos no ano 2011 d. C. toda Figueiroá está ocupada polos romanos… ¿Toda? ¡Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste aínda e sempre ao invasor. E a vida non é doada para as guarnicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de O Vilar, O Pazo, Toucedo e Caxamonde…

[o desenlace veremolo o próximo 5 de marzo]

lunes, 15 de febrero de 2010

Volvemos arrasar!!!

Si señores, outro ano máis levamos o premio a mellor comparsa do Entroido do Concello de Paderne de Allariz, pero este ano aínda tivemos mais premios:
  • Mellor comparsa
  • Raíña do Entroido 2010
  • 3º premio disfrace infantil
  • 2º premio disfrace infantil
Si, catro premios, todo un éxito!!!, e aínda queda máis maña imos ao Entroido de Maceda, agardamos que o tempo nos acompañe, e que faga menos frío que o sábado.
De momento déixovos un vídeo con fotos do Entroido de Paderne de Allariz, non son fotos moi boas, xa que o fotografo tiña algo de tembleque na man, aproveito a ocasión para pedirvos fotos dese día e así poder recoller as fotos nunha carpeta privada no picassa (agradécense aportacións ao mail gonzteso@yahoo.es). Por se alguén lle intersa hai algunha foto subida no facebook de Paderne

sábado, 23 de enero de 2010

Entroido 2010

Xa comenzou a conta atras, o ciclo do entroido xa está en marcha, e como en anos anteriores andamos a preparar a nosa participacion no desfile que organizan as asociacións de Paderne de Allariz.


Este ano quen ganara?. Vouvolo por moi facil este ano, ¿a que nos sabedes de que imos ir disfrazados?

lunes, 8 de junio de 2009

O Paderne a final da Copa "B" da Deputación

O equipo da S.C.D. Paderne disputara a final da copa Deputación de Ourense da tempada 2008/2009.

Despois de deixar no camiño ao equipo da Piñeira Seca cun resultado contundente de 3-0 no campo de Vista Hermosa, e co resultado xa conseguido a semana pasada en Xinzo, todo quedou sentenciado nos primeiros 10 minutos de partido, xa que o marcador xa reflexaba un 2-0 a favor.

Unha vez superado ao Piñeira Seca, o Paderne enfrontarase na final da copa B ao Arnoia que deixou apeado na outra semifinal ao Arenteiro B.

Agora so queda un partido para pechar unha moi boa tempada, quedando de segundos no grupo 9º da Segunda Autonomía e conseguindo o ascenso a primeira.


domingo, 22 de febrero de 2009

E o gañador é…

A Torre do Terror!!!!, Si donas e cabaleiros, os veciños de A Torre volveron a gañar por terceiro ano consecutivo o primeiro premio a mellor comparsa do Entroido do Concello de Paderne de Allariz.

Este ano tivemos moita mais competencia, xa que había anotados preto de corenta grupos para participar no desfile, pero ao final, volvemos a gañar.

A clasificación na categoría de comparsas foi a seguinte:
1. A Torre do Terror
2. Os paios
3. Simpsons

Este ano, faltou pouco para que non bateramos a record de participación, levabamos unha comparsa con 30 participantes, incluído ao capitán gorila e ao pequerrecho exorcista…

Todo un éxito. Realmente por parte da organización todo saíu moi ben, e foi un acerto facer o desfile na praza do concello.

Por certo, os veciños de Figueiredo, este ano non nos copiaron o traxe, je je… Pero dámoslle a noraboa porque gañaron o premio a comparsa mais numerosa.

Esquecíaseme, hai un album na internet con todas as fotos do Entroido de 2009. Se alguén precisa o acceso e non lle chegou a súa conta de correo, que me escriba un mail a gonzteso@yahoo.es e mándolle o acceso.

domingo, 25 de enero de 2009

Teremos Entroido este ano??

Andamos a argallar unha nova idea para disfrazarnos para o Entroido que se ven celebrando estes últimos anos no pavillón de deportes do concello de Paderne de Allariz.

De momento temos medio decidido unha idea, que desde logo non a vou a contar, porque o ano pasado os veciños de Figueiredo copiáranola, para poder repetir o feito de conseguir de forma consecutiva un terceiro premio no desfile.

Nestes momentos estase cocendo no forno diversas opcións, polo que se alguén ten algunha posible apartación pode falara gora... ou que acepte as decisións tomadas...

Vémonos os próximos fins des emana para preparar algo...

viernes, 18 de enero de 2008

Entroido 2008

Xa está aquí de novo o Entroido!!!!!

Este ano, de novo o as Asociacións do concello, volven organizar o II Entroido do concello de Paderne de Allariz.


A data elixida vai ser o vindeiro día 2 de febreiro, e como o ano pasado celebrarase no pavillón polideportivo, aínda que hai algún rumor de que se non chove pode haber incluso un pequeno desfile.

Os veciños da Torre (polo menos algúns) están a preparar de novo a súa participación neste Entroido, xa que o ano pasado foi un rotundo éxito de participación, gañando o Premio a
Comparsa máis numerosa (fotos do Entroido 2007).

Este ano presentase algo máis complicado gañar, pero seguro que ganas non nos van faltar para intentalo.

Dende aquí animámosvos a participar e apuntarvos canto antes.

Por certo este ano ¿de que iran eses toliños de A Torre?

Vémonos o día 2 de Febreiro!!!!!!

Slider