Magosto que se celebrou o pasado día 20 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroá e no que participou a maior parte da xente moza do pobo.
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
viernes, 25 de noviembre de 2011
Magosto 2011
Magosto que se celebrou o pasado día 20 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroá e no que participou a maior parte da xente moza do pobo.
miércoles, 1 de diciembre de 2010
Magosto 2010
Aquí vos deixo un vídeo coas fotos do magosto que celebramos tódolos veciños do pobo o pasado 20 de novembro.
Se algún ten problema para poder visualizalo, pode tamén premer no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/user/xiscaatorre
Se algún ten problema para poder visualizalo, pode tamén premer no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/user/xiscaatorre
sábado, 23 de octubre de 2010
sábado, 21 de noviembre de 2009
Magosto 09
Como xa sabedes, o fin de semana pasado, celebramos un ano mais
o magosto no local da asociación de veciños de San Xillao. Aínda que o día non acompañou moito, xa que estibo chovendo dende a maña ata a noite, pasámolo moi ben durante toda a xornada. Iso si, este ano tivemos que suspender o “gran partido” (que magoa, non puidemos estrear as porterías regramentarias da deputación…). Agardamos poder utilizalas na próxima xuntanza.
o magosto no local da asociación de veciños de San Xillao. Aínda que o día non acompañou moito, xa que estibo chovendo dende a maña ata a noite, pasámolo moi ben durante toda a xornada. Iso si, este ano tivemos que suspender o “gran partido” (que magoa, non puidemos estrear as porterías regramentarias da deputación…). Agardamos poder utilizalas na próxima xuntanza.Como sempre, deixo unhas fotos no picassa deste día. O que queira acceder a elas que me escriba un correo e lle envío o enlace.
viernes, 30 de octubre de 2009
Tempo de magosto...
O vindeiro día 15 de novembro (Domingo), e ante a imposibilidade de facelo antes, por mor de
que o local xa estaba reservado, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.
O lugar de encontro será na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa a partir das 11:30 horas.
Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11 (Imprescindible inscrición previa para poder participar). E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (Que este ano podemos estrear as porterías e canastras que nos cedeu tan “amablemente” a Deputación).
que o local xa estaba reservado, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.O lugar de encontro será na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa a partir das 11:30 horas.
Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11 (Imprescindible inscrición previa para poder participar). E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (Que este ano podemos estrear as porterías e canastras que nos cedeu tan “amablemente” a Deputación).
lunes, 27 de octubre de 2008
Magosto 2008
Volvemos outra vez de festa!!!
O vindeiro día 15 de novembro, se todo vai ben e non temos sorpresas de ultima hora, volveremos a celebrar unha nova xornada de xuntanza. Neste caso e como en anos anteriores, xuntarémonos para celebrar o magosto.

O lugar de encontro sera na Asociación de Veciños de San Xillao, en Figueiroa.
A ver se esta vez o podemos facer no interior do edificio, e non como o ano pasado, que nos atopamos uns "okupas" que nos forzaron a celebralo no recinto exterior. Menos mal que o tempo acompañou.
Haberá castañas e chourizos para todo o mundo que se anote antes do día 11. E pola tarde intentaremos pasalo ben no campo da festa realizaremos xogos e o correspondente partidiño de fútbol (a ver cantos aguantan ata o final da xornada...)
Vémonos o día 15... e a pasalo ben

martes, 23 de octubre de 2007
MAGOSTO 2007

O vindeiro día 11 de novembro celebrarase no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroa, unha nova edición do magosto popular. O longo do día todas aquela persoas que se teñan Inscrito poderan participar nunha comida popular e en diferentes xogos.
A ORIXE DA FESTA DO MAGOSTO
É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. De Ourense espallouse por toda Galicia, collendo novos matices, aínda que corre risco de perde-la súa orixinalidade e espontaneidade popular tradicional Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente para a queimada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)