Mostrando entradas con la etiqueta andaina. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta andaina. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de marzo de 2015

VIII Andaina - Carreira Concello de Paderne



VIII ANDAINA CONCELLO DE PADERNE (OURENSE)

DATA 31/05/2015

Distancia 18 Qm aproximadamente

Saida 09:30 horas dende a Casa do Concello de Paderne de Allariz no lugar de Rioseco, nº 7 (32111)-Paderne-Ourense

Inscripción: 5 € a ingresar na conta da A. Mulleres Rurais de Solveira ES23/2080/0443/4330/4000/2445 en ABANCA, indicando a proba, nome e apelidos, dni.

Data inscripción dende o 04 de maio ata o 28 de maio de 2015 ou ata completar un máximo de 300 inscritos entre as dúas probas

E preciso enviar xustificante do ingreso via FAX o número 988293025 ou por e-mail: paderne@concellodepaderne.net ou entregalo persoalmente nas oficinas municipais

Deberán personarse media hora antes da proba

VIII CARREIRA CONCELLO DE PADERNE (OURENSE)

DATA 31/05/2015

Distancia 10 Qm aproximadamente

Saida 10:30 horas dende a Casa do Concello de Paderne de Allariz no lugar de Rioseco, nº 7 (32111)-Paderne-Ourense

Inscripción: 5 € a ingresar na conta da A. Mulleres Rurais de Solveira ES23/2080/0443/4330/4000/2445 en ABANCA, indicando a proba, nome e apelidos, dni, data nacemento.

Data inscripción dende o 04 de maio ata o 28 de maio de 2015 ou ata completar un máximo de 300 inscritos entre as dúas probas.

E preciso enviar xustificante do ingreso via FAX o número 988293025 ou por e-mail: paderne@concellodepaderne.net ou entregalo persoalmente nas oficinas municipais

Os dorsais entregaranse media hora antes da proba

miércoles, 9 de abril de 2014

VII Andaina - Carreira Concello de Paderne

Nome da Proba: VII Andaina - Carreira Concello de Paderne (Paderne de Allariz)
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais de Solbeira e Concello de Paderne de Allariz.
Data: 11 de maio de 2014.
Distancia do percorrido: Andaina: 19 Qm. Carreira: 14Qm.       
Modalidades: Andaina e carreira.
Información:  No Concello de Paderne de Allariz, teléfono 988293000.
Inscrición: A inscrición poderá realizarse pagando previamente a cuota de 5 € na conta da Asociación de Mulleres Rurais de Solbeira en Novagalicia Banco, S.A. ES23/2080/0443/43/3040002445. Deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais (nome e apelidos, DNI, dirección, telefono de contacto e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira), e os participantes na carreira deberán indicar ademáis a data de nacemento) do seguinte xeito: Nas oficinas municipais do Concello de Paderne (Lg. Rioseco, 7, 32111 Paderne de Allariz- Ourense), por FAX o nº 988293025 ou por mail a paderne@concellodepaderne.net . Dita inscrición rematará o venres 2 de maio ás 14:00 horas.






Perfil da Andaina Paderne de Allariz 2014

Perfil Carreira Paderne de Allariz 2014

lunes, 25 de marzo de 2013

VI Andaina Carreira Concello de Paderne 2013


O vindeiro domingo 05 de Maio de 2013, o Concello de Paderne organiza a  VI Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz "Paderne encanto natural”.

A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.

O percorrido, na edición do 2013, constara de 24 quilómetros para a Andaina e de 17 quilómetros para a carreira.

Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do venres, 26 de abril de 2013, as 14:00 horas.

Como o ano pasado hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solbeira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).

Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.

Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.


Perfil Andaina Paderne de Allariz 2013

Perfil Carreira Paderne de Allariz 2013

lunes, 14 de mayo de 2012

Andar e correr en Paderne

Saida da V Andaina de Paderne
O pasado domingo, 13 de maio, celebrouse no Concello de Paderne de Allariz a V Andaina-Carreira de Paderne. E un a no máis, para non perder costume, nos atopamos cunhas paisaxes moi fermosas, pero cos camiños completamente embarrados por mor da choiva caída nos últimos días e incluso media hora antes do comezo da proba.


Como nos anos anteriores o punto de saída e chegada estaba situado na Praza Luís Carlos Seara, a carón da casa do concello, partindo as persoas que participaban na andaina as 9:30 horas e os corredores unha hora máis tarde. A estas horas xuntáronse na liña de saída preto de 200 persoas para participar na andaina de 22 quilómetros e 63 corredores para a carreira que percorría unha distancia de 16 quilómetros.

Como xa se fixera en algunha outra edicción, este ano voltamos a subir ata o monte Cubreiro (740 metros de altitude), neste caso dende a Veirada e pasando por Nogueira, ata Nevoeiro. Esta parte foi a que contaba con maís desnivel, ainda que o terreo permitia pequenos descansos. 






domingo, 22 de abril de 2012

V Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz



Cartel da V Andaina - Carreira Paderne de Allariz
O vindeiro domingo 13 de Maio de 2012, o Concello de Paderne organiza a  V Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz "Paderne encanto natural”.
A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.


O percorrido, na edición do 2012, constara de 22 quilómetros para a Andaina e de 16 quilómetros para a carreira.


Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do 7 de Maio as 14:00 horas.

Como novidade, este ano hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solveira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).

Percorrido da Andaina (Verde) e carreira (Vermello)
Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.
Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.

domingo, 8 de mayo de 2011

300 persoas participaron na IV Andaina e Carreira organizada polo Concello de Paderne de Allariz

Un ano máis o Concello de Paderne de Allariz organizou a IV Andaina-Carreira de Paderne. E un a no máis, para non perder costume, nos atopamos cunhas paisaxes moi fermosas, pero cos camiños completamente embarrados por mor da choiva caída nos últimos días e incluso media hora antes do comezo da proba.

Como nos anos anteriores o punto de saída e chegada estaba situado na Praza Luís Carlos Seara, a carón da casa do concello, partindo as persoas que participaban na andaina as 9:30 horas e os corredores unha hora máis tarde. A estas horas xuntáronse na liña de saída preto de 200 persoas para participar na andaina de 20 quilómetros e 90 corredores para a carreira que percorría unha distancia de 12 quilómetros.

Entre as novidades deste ano , atopamos que o percorrido da andaina e a carreira transcorrían por diferentes camiños, ascendendo o trazado da andaina ata o monte Falbán situado a 820 metros de altitude e no caso da carreira ata o monte do Castro situado a 650 metros.
No caso da andaina, e tras un forte chaparrón que nos caeu cando faltaban 20 minutos para comezar, o resto da maña o tempo acompañou para o transcorrer da proba, sen que chovera durante o transcurso da mesma.


Como xa comentamos, o traxecto estaba bastante embarrado, pero sen embargo trascorreu por varios camiños moi ben acondicionados para a realización de este tipo de eventos. A primeira parte tiña pouco desnivel, ata que nos atopamos cun grupo de muíños cunha pequena fervenza en Riobodas. Tras deixar atrás San Xes e Eirabedra, comezamos a subida ao monte Falbán, que comezou a complicarse entre os quilómetros 8 e 11, onde apareceron as costas con mais desnivel do traxecto. Desde o alto de Falbán e tras deternos a contemplar por completo o Val da Rabeda, e tomar algo de aire, continuamos dirección a Mourisco e Saa, cruzando posteriormente a estrada OU-101. Tras subir o ultimo repeito chegamos a Taboadela para descender ata a capela da Santa Bárbara (Figueiroá) e poder ver os pobos de Caxamonde, O Pazo e A Torre. Desde este punto todo baixada ata chegar de novo a casa do concello.

Ao remate da Andaina entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados da carreira, e sorteáronse regalos entre todos os participantes.

martes, 22 de marzo de 2011

IV Andaina Paderne de Allariz


O Concello de Paderne de Allariz organiza a IV andaina e IV Carreira, que terá lugar o domingo día 8 de maio de 2011.

IV Carreira- 12 Qm de percorrido a hora de saída as 10:30h. Puntuable para circuitos de carreiras de “Correr en Galicia”
IV Andaina – 20 Qm de percorrido, hora de saída as 9:30h.

Tanto a saída como a meta estarán situadas ao carón da Praza do Concello, sita no punto quilométrico 13 da estrada OU -101 (Ourense-Maceda) no lugar de Rioseco.

Inscripción gratuita: A través do telf. do Concello de Paderne de Allariz: Tel.: 988 29 30 00 Fax.: 988 29 30 25
Número máximo de inscripcións: 300
Data límite de inscripción: 2 de maio de 2011.

domingo, 18 de abril de 2010

Preto de 350 persoas participaron na Andaina – Carreira Concello de Paderne de Allariz

A pesar da gran cantidade de auga caída a noite anterior, hoxe pola maña a partir das 10:00 da maña, na praza do concello, xuntáronse preto de 350 persoas entre as que se atopaban máis de 70 corredores, para participar na “III Andaina - Carreira Concello de Paderne de Allariz (Santa da Pedra)” .
A pesar de que a maña ameazaba choiva, tivemos un día moi bo para realizar a ruta, que debido a gran cantidade de auga caída no día anterior, sufriu nunha pequena modificación, ampliando o seu percorrido, pasando a 21 quilómetros a andaina e 18 a carreira.
O traxecto estaba bastante embarrado, e tras pasar unha primeira parte con pouco desnivel, pero con zonas bastante deslízantes, pola lama que había no camiño, empezouse a complicar ca novidade de este ano, a subida a Santa da Pedra, cun forte desnivel entre os quilómetros 9,5 e 11,5.

Despois da baixada dende a Santa da Pedra, volvemos a subir ata os Fontaos, onde tiñamos unha preciosa vista do Val da Rabeda , e desde alí camiñamos cara o Pazo para posteriormente cruzar polo pasadoiro de pedras camiño de A Torre e volta ao concello, pasando antes polo Vilar.
Ao remate da Andaina entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados da carreira, e sorteáronse regalos entre todos os participantes.

Fotos III Andaina - Carreira Concello de Paderne de Allariz 2010

miércoles, 14 de abril de 2010

III andaina e III carreira Santa da Pedra (Concello de Paderne de Allariz)

O Concello de Paderne de Allariz organiza a III andaina e III Carreira, que terá lugar este domingo día 18 de abril.
Inscripción gratuita e puntuable para circuitos de carreiras de “Correr en Galicia”. Con máis de 300 participantes... e 40 persoas na organización.

III Carreira-
16 km de percorrido a hora de saída as 11:00h, consta de 3 categorías – A,B,C, masculino e feminino. Haberá trofeos para o 1º Clasificado de cada categoría, masculino e feminino.
III Andaina – 20 km de percorrido, hora de saída as 10:00h. A maior parte do percorrido transcorrerá por camiños antigos e vereas, etc.
Tanto a saída como a meta estarán situadas ao carón da Praza do Concello, sita no punto kilométrico 13 da estrada OU -101 (Ourense-Maceda) no lugar de Rioseco.

A novidade de esta edición é que a andaina discorrerá por a “Santa da Pedra”, moi preto de Santa Mariña de Augas Santas, con unha paraxe natural, segundo a tradición, o penedo sobre o que se asenta con forma de oído na súa fronte sempre ten auga curadora. A lenda relaciona este lugar co asento de Sta. Mariña cando apacentaba o gando. Posiblemente se trate da cristanización dun lugar de culto céltico-druidico anterior. En 1790 o párroco de S. Vicente, D. Antonio Cid encargou a Santa da Pedra.

Ao remate do acto entregaránse os trofeos aos primeiros clasificados, asemade sorteanrase regalos entre todos os participantes e finalizando cun ágape para tódolos participantes.

Fonte: Facebook Paderne de Allariz

jueves, 18 de marzo de 2010

III Andaina Concello de Paderne de Allariz



Percorrido definitivo da III Andaina e carreira do Concello de paderne de Allariz. De cor verde a andaina e de cor rosa carreira. Andaina= 20 Kms. Carreira = 16 Kms.

Data de celebración: domingo 18 de abril de 2010.
Horario: Saida para a Andaina as 10:00 e para a Carreira as 11:00
Inscripción gratuita: A partir do día 29 de marzo, a través do telf. do Concello de Paderne de Allariz: Tel.: 988 29 30 00 Fax.: 988 29 30 25
Número máximo de inscripcións: 300
Data límite de inscripción: 14 de abril de 2010.

jueves, 11 de marzo de 2010

III Andaina Concello de Paderne de Allariz

Entrada actualizada

Xa o podemos adiantar, o próximo domingo día 18 de abril, celebrarase a III Andaina do Concello de Paderne de Allariz.

De momento aínda non temos as datas da inscrición, pero o que si os podo adiantar e que vai haber cambio no percorrido con respecto os anos anteriores, e polo que se pode ver no mapa do percorrido, a andaina e a carreira van pasar polo noso pobo: A TORRE.

Este ano o que si se mantén e a dobre proba, por un lado a Andaina e por outro a Carreira, ámbalas dúas cun percorrido de aproximadamente 20 quilómetros.

No momento que saiba a forma de inscrición e prazo, publicarémolo no blog.

Hai que animarse e participar, temos que romper tódolos records de participación!!

Foto: Paderne e a súa xente

miércoles, 11 de junio de 2008

II Andaina Popular de Esgos 2008

Caixe quedamos no intento....!!
Pero ao final conseguimos rematar os 24 quilómetros da andaina de Esgos.
O día prometía, e na liña de saída os comentarios
xiraban en torno se ía facer moita calor ou non durante o percorrido e sobre as dificultades do terreo. Había opinións para todos os gustos...

As 9:40 partimos da praza da Souteira para ir
subindo cara o mosteiro de San Pedro de Rocas, esta primeira parte do percorrido é a que mais me gustou, todo estaba moi limpo e moi ben sinalizado, e ademais o tempo acompañaba. Sen embargo todo cambiou de forma radical cando empezamos a subir cara o Eirado (Punto de remate ca carreira de montaña e situada no quilómetro 13) xa que ademais de atoparnos con desniveis que parecían o "Mortirolo" empezou a chover tal cantidade de auga e soprar un forte vento que parecía que se estaba acabando o mundo... A isto temos que engadir a néboa e o frío que realmente fixeron que chegar ata ese punto se fixera moi complicado.

Unha vez superadas todos estes problemas comezou o descenso por un cortalumes (bastante perigoso e con un gran desnivel) para facer o resto da andaina, na que apareceu o sol e fixo que aparecesen as primeiras queimaduras da tempada.
Menos mal que ao final conseguimos chegar de novo ao punto de partida e comer uns anacos de empanada e bica...

O próximo domingo seguimos de xira!!! e imos a facer a de Ourense. O bo que ten esta e que se acabamos baldados temos as termas ao lado....

Vémonos...

miércoles, 21 de mayo de 2008

Ruta de Figueiroá

Como chegar: O inicio da ruta atópase a carón da Casa do Concello de Paderne de Allariz (Estrada OU101 km 13)
Inicio / Fin: Rioseco.
Percorrido: 10 km.; Rioseco - A Torre- O Pazo - Caxamonde - Figueiroá - Neboeiro - Rioseco.
Duración estimada: 6 horas.
Dificultade: Media.
Recomendación: Ruta deseñada para facela a pe ou en bicicleta.

Descrición: Sáese de Rioseco pola estrada OU101, a altura do km 13, tomase o desvío da dereita cara a estrada OU102 (dirección Cantoña), na cal haberá que desviarse novamente a esquerda en dirección ao Campo de fútbol (OUCV680).
Continuamos a OUCV680 e ao chegar a altura do campo de fútbol bordeámolo deixándoo a dereita en dirección A Torre, aldea na que podemos ver a man dereita a torre da Condesa de Torremuguiz e fronte a ela o cárcere. O conxunto medieval, hoxe moi transformada completase cunha capela en honra da virxe da Asunción.
Continuamos por esta pista ata chegar novamente a OUCV680 que continuaremos desviándonos novamente a dereita, cara a aldea de O Pazo, ao final da cal temos un área recreativa ao carón do río Barbaña e que conta tamén con varios muíños.
Seguimos ascendendo cara Caxamonde, e atravesando a aldea e de fronte podemos ver a capela de Santa Bárbara, onde cada Semana Santa celebrase o encontro entre a Virxe o seu fillo sito na igrexa de San Xillao.
Continuamos pola OUCV680 e a dereita temos a antiga Escola, reformada e hoxe sede da Asociación de veciños, de fronte a igrexa de San Xillao, que bordearemos deixando a esquerda o acceso ao Castro Mourisco, onde os toxos protexen os tesouros dos mouros.
Atravesaremos as fontes do Barbaña, afluente do niño, ao carón dun muíño en ruínas ascenderemos a paraxe de A Virxe, a 660 metros de altitude, dende a que teremos unas fermosas vistas do val de Ourense, desde aquí seguiremos ata a aldea de Neboeiro.
Dende Neboeiro seguiremos pola estrada local OU101 ata Vilaverde, alí colleremos una pista que nos leva á “Charca”, antiga canteira de pedra inundada (debido a súa profundidade non é recomendable para o baño)
Finalmente saímos cara esquerda pola OUCV63 cara Rioseco, que atravesaremos para chegar ao punto de partida.

jueves, 17 de abril de 2008

Paderne entra no calendario atlético por todo o alto

Cento de camiñantes e atletas participaron na súa dobre cita, una andaina e una carreira popular.

Preto de 300 persoas lograba reunir na maña do domingo a “I Andaina Concello de Paderne de Allariz” e a “I Subida a Vilaverde”, todo elo a pesar de que as condicións climatolóxicas non foron as mellores, debido a choiva e ao frío da maña dominical.

A Andaina non tivo carácter competitivo, e os camiñantes (160) puideron disfrutar da paisaxe por un recorrido de 12 quilómetros.

Na Subida, si que houbo clasificación e recompensa para os primeiros clasificados, onde o vencedor seria Elpidio Gómez Sousa, que se impuña a Eduardo Morais, segundo , e a Víctor Conde, terceiro. Mentres que na categoría feminina primeira clasificada foi Elena Naveiro, por diante de Nicol Campo e Filomena Cid.

Os participantes, tanto da Andaina, como na Subida, non chegaron a realizar a distancia inicialmente programada, pasando dos 18 quilómetros a os 12 na proba de sendeirismo, e dos 11 aos oito na carreira. O mal tempo condicionou as probas.

Textos e fotos publicados polo diario La Región os días 14 e 15 de abril

lunes, 7 de abril de 2008

I ANDAINA CONCELLO DE PADERNE - I SUBIDA A VILAVERDE

Data de celebración: Domingo 13 de abril de 2008.
Organiza: Concello de Paderne de Allariz

ANDAINA
Saída ás 10:30 H
Distancia: 18 KM

CARREIRA
Saída: 11:30 H
Distancia: 11 KM

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase a carón da Casa do Concello de Paderne ás 10:30 horas para a andaina e as 11:30 horas para a carreira.
2. Os participantes deberán situarse no punto de saída media hora antes do comezo das probas e deberán estar inscritos como máximo duas horas antes do comezo da carreira.
3. O percorrido total será de 18 km. para a andaina e 11 km. para a carreira, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización.
4. A clasificación da carreira será por categorías, e haberá trofeos para os dous primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para masculino e outro para feminino.
5. Os participantes, tanto da andaina como da carreira, recibirán unha camiseta conmemorativa de regalo (ata esgotar existencias).
6. Sortearase unha viaxe dun Fin de Semana a Portugal entre todos os inscritos que completen o recorrido.
7. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais competentes.
8. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumplimento desta norma implicará a descalificación inmediata do participante.
9. A carreira estará controlada polos xuices que se consideran oportunos.
10. A inscripción poderase realizar a partir do día 17 de marzo, a través dos telefonos (988293000/ 988293025) no nº de FAX (988293025), persoalmente nas oficinas municipais do Concello de Paderne de Allariz (Lg. Rioseco, nº 7, 32111 Paderne de Allariz – Ourense) ou ben na tenda de deportes REDONET (Rúa Ervedelo, 29 baixo (Ourense). Dita inscripción rematará o venres 11 de abril. Os participantes que non poidan inscribirse do anterior modo, poderán facelo na data e no lugar de realización da proba, antes das 9:30 horas.
11. No punto de saída entregaráselle un dorsal a cada participante dos inscritos nas probas.
12. A entrega de trofeos terá lugar ó carón da Casa do Concello de Paderne de Allariz, ó remate da proba e no mesmo lugar haberá un aperitivo para que os participantes poidan recuperar forzas.

INFORMACIÓN DA PROBA

* Na páxina web do concello: www.concellodepaderne.net/principal.
* Nas oficinas do Concello de Paderne. Lg.Rioseco,7 32111 Paderne de Allariz – Ourense. Telefono 988293000.

COLABORAN:

Deputación de Ourense
Inorde
Redonet (DEPORTES)
willy fogg (viaxes)

Slider