domingo, 11 de noviembre de 2018

Un monte con vistas

Hace 85 años... Una bandera roja en Monte de la Torre


(1) El monte de la Torre de Paderne de Allariz es, en realidad, un montículo, pero tan estratégicamente situado que uno entiende por qué los activistas de la Sociedad Profesional de Oficios Varios de Paderne, a los que se les suponía proximidad al partido comunista que lideraba en la zona el veterinario de Maceda Benigno Alvarez, acompañado también de su hermana Nieves, lo eligieran en 1934 para colocar en la cima una bandera roja.La vista desde allí es magnífica y la bandera sería vista en muchos kilómetros a la redonda.

Situado a menos de medio kilómetro del pueblo de La Torre, la cima la ocupan hoy el campo municipal de fútbol de Paderne de Allariz, una enorme antena y el depósito de agua municipal.No pude localizar a descendientes de los tres detenidos por colocar la bandera, ni 
de los trescientos hombres que un día de 1934 se reunían allí para protestar por la represión en Asturias y en apoyo de los revolucionarios.

Uno de los detenidos, Jesús Romero Vecino, era de Figueiredo, a donde merece la pena acercarse para ver su iglesia románica con torre barroca.

Diario La Región

sábado, 18 de marzo de 2017

X Andaina Solidaria Concello de Paderne de Allariz

Nome da proba:X Andaina Solidaria Concello de Paderne de Allariz
Organiza:Concello de Paderne de Allariz e Asociación de Mulleres Rurais de Solveira
Modalidade:Andaina
Data:21 de Maio de 2017
Distancia do percorrido:Longo 20 KM // Curto 9 KM
Información:Andaina solidaria a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Saida: 9:30 horas
Cuota de 6 € a ingresar na conta da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira en ABANCA nº ES23 2080 0443 4330 4000 2445 indicando en concepto o nome, apelidos, dni e teléfono; a cuota inclúe inscrición, avituallamentos percorrido e fin.
Inscripción:Cumprimentar a ficha de inscrición e entregala xunto co xustificante na Casa do Concello de Paderne no Lg. Rioseco, nº 7-32111 Paderne -Ourense- teléfono 988293000, en horario de 9 a 14 de luns a venres, ou enviando os mesmos vía FAX ó 988293025 ou correo electrónico:paderne@concellodepaderne.net indicando no asunto Andaina.
A data de inscrición ata o 18 de maio.
Ficha de inscrición:Ficha inscrición X Andaina Concello de Paderne (solidaria).pdf

jueves, 14 de julio de 2016

A Torre´16


domingo, 15 de marzo de 2015

VIII Andaina - Carreira Concello de Paderne



VIII ANDAINA CONCELLO DE PADERNE (OURENSE)

DATA 31/05/2015

Distancia 18 Qm aproximadamente

Saida 09:30 horas dende a Casa do Concello de Paderne de Allariz no lugar de Rioseco, nº 7 (32111)-Paderne-Ourense

Inscripción: 5 € a ingresar na conta da A. Mulleres Rurais de Solveira ES23/2080/0443/4330/4000/2445 en ABANCA, indicando a proba, nome e apelidos, dni.

Data inscripción dende o 04 de maio ata o 28 de maio de 2015 ou ata completar un máximo de 300 inscritos entre as dúas probas

E preciso enviar xustificante do ingreso via FAX o número 988293025 ou por e-mail: paderne@concellodepaderne.net ou entregalo persoalmente nas oficinas municipais

Deberán personarse media hora antes da proba

VIII CARREIRA CONCELLO DE PADERNE (OURENSE)

DATA 31/05/2015

Distancia 10 Qm aproximadamente

Saida 10:30 horas dende a Casa do Concello de Paderne de Allariz no lugar de Rioseco, nº 7 (32111)-Paderne-Ourense

Inscripción: 5 € a ingresar na conta da A. Mulleres Rurais de Solveira ES23/2080/0443/4330/4000/2445 en ABANCA, indicando a proba, nome e apelidos, dni, data nacemento.

Data inscripción dende o 04 de maio ata o 28 de maio de 2015 ou ata completar un máximo de 300 inscritos entre as dúas probas.

E preciso enviar xustificante do ingreso via FAX o número 988293025 ou por e-mail: paderne@concellodepaderne.net ou entregalo persoalmente nas oficinas municipais

Os dorsais entregaranse media hora antes da proba

miércoles, 9 de abril de 2014

VII Andaina - Carreira Concello de Paderne

Nome da Proba: VII Andaina - Carreira Concello de Paderne (Paderne de Allariz)
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais de Solbeira e Concello de Paderne de Allariz.
Data: 11 de maio de 2014.
Distancia do percorrido: Andaina: 19 Qm. Carreira: 14Qm.       
Modalidades: Andaina e carreira.
Información:  No Concello de Paderne de Allariz, teléfono 988293000.
Inscrición: A inscrición poderá realizarse pagando previamente a cuota de 5 € na conta da Asociación de Mulleres Rurais de Solbeira en Novagalicia Banco, S.A. ES23/2080/0443/43/3040002445. Deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais (nome e apelidos, DNI, dirección, telefono de contacto e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira), e os participantes na carreira deberán indicar ademáis a data de nacemento) do seguinte xeito: Nas oficinas municipais do Concello de Paderne (Lg. Rioseco, 7, 32111 Paderne de Allariz- Ourense), por FAX o nº 988293025 ou por mail a paderne@concellodepaderne.net . Dita inscrición rematará o venres 2 de maio ás 14:00 horas.






Perfil da Andaina Paderne de Allariz 2014

Perfil Carreira Paderne de Allariz 2014

lunes, 25 de marzo de 2013

VI Andaina Carreira Concello de Paderne 2013


O vindeiro domingo 05 de Maio de 2013, o Concello de Paderne organiza a  VI Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz "Paderne encanto natural”.

A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.

O percorrido, na edición do 2013, constara de 24 quilómetros para a Andaina e de 17 quilómetros para a carreira.

Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do venres, 26 de abril de 2013, as 14:00 horas.

Como o ano pasado hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solbeira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).

Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.

Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.


Perfil Andaina Paderne de Allariz 2013

Perfil Carreira Paderne de Allariz 2013

sábado, 23 de marzo de 2013

Festa da Pascua - Figueiroá 2013


O vindeiro domingo día 31 de marzo de 2013, celébranse na parroquia de Figueiroá, coma xa é tradicional, a festa de a Pascua.
Como anos anteriores, e a pesar de que faga sol ou chova, a partir das 12:30 realizarase a procesión co encontro dende a capela de Santa Bárbara ata a igrexa de San Xulián.

Ao remate da procesión e pola tarde haberá festa cunha orquestra.

Estades tod@s convidados.

sábado, 22 de diciembre de 2012

Bo Nadal e feliz aninovo

Bo Nadal e feliz aninovo
Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo
Bon nadal i feliç any nou!
Zorionak eta Urte Berri On
Joyeux Noël et Bonne Année
Merry Christmas and Happy New Year
 
 

lunes, 16 de julio de 2012

VII Xuntanza de Asociacións

Cea popular das Asociacións de Paderne de Allariz, o 21 de Xullo de 2012 as 22:00 horas no campo da feira de Rioseco

jueves, 14 de junio de 2012

Alfombras florais Figueiroá 2012

Con motivo da festividade de Corpus Christi, o pasado domingo día 10 de xuño, os veciños de a Parroquia de San Xillao de Figueiroá (Paderne de Allariz) elaboraron unhas alfombras florais diante da igrexa parroquial e celebraron a tradicional procesión ata a capela de Santa Bárbara.

Parabéns a tódolos/as veciños/as por participar e manter con vida estas tradicións!!!



sábado, 2 de junio de 2012

Corpus 2012

Por sexto ano consecutivo, na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz), celebran o domingo 10 de xuño, a festa do Corpus Christi, ca realización duna alfombra floral.

Podes colaborar na realización desta alfombra, de algunha das seguintes formas:

  • Levando pétalos de flor (separando en bolsas, as distintas cores), á Igrexa de San Xulián de Figueiroá o sábado 9 de xuño, á ultima hora da tarde. Aconsellamos que se collan os pétalos esa mesma tarde, para que se conserven mellor.
  • Tamén é de gran utilidade o céspede. Os que o corten ese día agradecémoslle que nolo traian.
  • Acudindo a confeccionar as alfombras florais o domingo 10 de xuño dende primeira hora da mañá.

lunes, 14 de mayo de 2012

Andar e correr en Paderne

Saida da V Andaina de Paderne
O pasado domingo, 13 de maio, celebrouse no Concello de Paderne de Allariz a V Andaina-Carreira de Paderne. E un a no máis, para non perder costume, nos atopamos cunhas paisaxes moi fermosas, pero cos camiños completamente embarrados por mor da choiva caída nos últimos días e incluso media hora antes do comezo da proba.


Como nos anos anteriores o punto de saída e chegada estaba situado na Praza Luís Carlos Seara, a carón da casa do concello, partindo as persoas que participaban na andaina as 9:30 horas e os corredores unha hora máis tarde. A estas horas xuntáronse na liña de saída preto de 200 persoas para participar na andaina de 22 quilómetros e 63 corredores para a carreira que percorría unha distancia de 16 quilómetros.

Como xa se fixera en algunha outra edicción, este ano voltamos a subir ata o monte Cubreiro (740 metros de altitude), neste caso dende a Veirada e pasando por Nogueira, ata Nevoeiro. Esta parte foi a que contaba con maís desnivel, ainda que o terreo permitia pequenos descansos. 






domingo, 22 de abril de 2012

V Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz



Cartel da V Andaina - Carreira Paderne de Allariz
O vindeiro domingo 13 de Maio de 2012, o Concello de Paderne organiza a  V Andaina – Carreira Concello Paderne de Allariz "Paderne encanto natural”.
A saída, como en anos anteriores, realizarase desde praza da Casa do Concello, situada en Rioseco nº 7, iniciando a ruta os camiñantes as 9:30 e os corredores a partir das 10:30 horas.


O percorrido, na edición do 2012, constara de 22 quilómetros para a Andaina e de 16 quilómetros para a carreira.


Todos/as aqueles que queiran participar, deberán inscribirse no teléfono 988 29 30 00 (Concello), antes do 7 de Maio as 14:00 horas.

Como novidade, este ano hai que facer un ingreso de 5 €, como cota de inscrición, na conta da Asoc. Mulleres Rurais de Solveira: 2080 0443 43 3040002445 (Novagalicia Banco).

Percorrido da Andaina (Verde) e carreira (Vermello)
Unha vez feito o ingreso, deberase remitir o xustificante ao fax 988 29 30 25, ou entregalo no concello, incluíndo os datos persoais e a proba na que se inscriben. Os/as participantes na carreira deben indicar a data de nacemento.
Ó remate das probas, todos/as participantes están convidados a un aperitivo e ao sorteo de agasallos.

miércoles, 22 de febrero de 2012

A Torre canibal

Un ano mais, e xa van uns poucos…, a gran maioría dos veciños da A Torre participaron na preparación da comparsa para poder desfilar no Entroido que organiza o Concello de Paderne de Allariz.

Este ano, por circunstancias diversas (a crise económica, a falta de tempo ou a ausencia de varias persoas…), decidiuse non preparar unha carroza, e facer simplemente o disfrace e os seus complementos.



Como era previsible, non houbo moita opción a ter premio, no Concello de Paderne, excepto os infantís, así que este ano se queremos facer a festa do cocino, hai que comprar tamén a cachucha e os lacóns, je je.

O que si pasou é que cando non che recoñecen o traballo na casa, tes que ir fora para que lle den o valor que se corresponde, e así desta forma, este ano levamos o 1º Premio a comparsa de maís de cinco compoñentes no entroido do Concello de Maceda.

Aínda que a iniciativa de organizar este tipo de actividades, xurdiu como unha forma de estar en contacto e pasalo ben entre todos los veciños, ano tras ano vamos perdendo participantes por diversos motivos, unha pena…

Agardamos polo menos que o ano que ven se sume un novo pequenecho a desfilar e a pasalo ben.

Para poder ver as fotos pincha no seguinte enlace: Fotos Entroido

Pd. O vídeo non ten son, xa que ahora os amigos de youtube cobran dereitos por utilizar as cancións... 

martes, 31 de enero de 2012

Entroido Paderne de Allariz 2012

O Concello de Paderne de Allariz organiza para o vindeiro sábado 18 de Febreiro de 2012 o desfile de carnaval. Celébrase como outros anos na plaza do Concello a a partir das 17 horas.

Como sempre, os veciños de A Torre estarán alí presentes, e a disfrutar!!!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Bo Nadal


Bo Nadal e feliz aninovo
Feliz Navidad y Próspero Año Nuevo
Bon nadal i feliç any nou!
Zorionak eta Urte Berri On
Joyeux Noël et Bonne Année
Merry Christmas and Happy New Year

viernes, 25 de noviembre de 2011

Magosto 2011


Magosto que se celebrou o pasado día 20 de novembro no local da Asociación de Veciños de San Xillao de Figueiroá e no que participou a maior parte da xente moza do pobo.

lunes, 24 de octubre de 2011

1.000 anos máis, vivindo como galeg@s

 Nova campaña publicitaria dunha cadea de supermecados galega, que esta triunfa, ano tras ano, en internet grazas ao chamamento do espiritu galego.

Slider